O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e VixánComplexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Parques Naturais de Galicia. é un parque natural galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.
O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), unha zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo). O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral do Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha.Illas de Sálvora, Parque nacional das Illas AtlánticasComplexo dunar de Corrubedo, Turgalicia Así é que a costa entre o cabo de Corrubedo e o Castro de Baroña, o mar arredor das illas de Sálvora e as lagoas de Carregal e Vixán quedan baixo a protección do parque natural e a ZEC.Documento de Inicio para a Avaliación Ambiental Estratéxica. Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e do Medio Físico do ZEC Complexo Húmido de Corrubedo. Dirección Xeral de Conservación da Natureza Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Xunta de Galicia. 28 de decembro de 2007
Xeoloxía e hábitats miniatura|Panorámica das praias de Lagoa e Ladeira e a duna, que están á fronte da marisma do Carregal. miniatura|As dunas. O parque natural é un complexo entrante costeiro con pequenos cantís de rochas e un sistema dunar que discorre entre a Pedra do Pino, Corrubedo e A Graña, Carreira en Ribeira. En xeoloxía, defínese como un sistema de praia-barreira-lagoon e atópase nun estado avanzado na súa evolución natural.
A costa do parque é un cordón de praia que se atopa entre as rías de Muros e Noia e Arousa, entre dous cabos, e orientado en dirección NNO-SSE. O litoral da costa, cos seus brazos de mar, supoñen o 78% da área do espazo natural. No seu interior (nas parroquias de Olveira, Artes e Carreira) ten unha marisma salobre (a marisma de Carregal), de forma triangular e cun máximo de ancho de case 1,7 km (a altura de Arribas, Artes, Ribeira e As Viñas, Artes, Ribeira en Artes), sendo de punta a punta de ata 7 km. Esta marisma aséntase sobre dun lagoon (algo similar a unha "lagoa"), que está xa case colmatada por completo. A marisma e o lagoon dan ao mar só por unha bocana, ou pequena entrada: a lagoa do Carregal entre Olveira e Artes. A esa bocana chega un meandro, unha canle de auga activa. A marisma e o meandro están dominados por unha dinámica de mareas. Na baixamar a auga só pasa por esa canle. A interacción entre as augas do ríos como as ondas do mar vidas do suroeste, formaron unha praia de pouca inclinación no interior da costa. A parte central da praia ten unha canle formada folo fluxo de saída da auga. Na parte traseira da praia formouse un sistema eólico activo só parcialmente: unha duna, que está en Olveira. Nas marismas, a lagoa de Vixán péchaa a frecha litoral e a lagoa de Carregal está máis dominada pola entrada de auga salgada.
As dunas, a area de praia, e a chaira de herba baixa en solo fértil (en gaélico escocés denomínanse áreas "marchair", de "chairas fértiles") son hábitats con interese de conservación. As área chamadas maquis e garrigas ou phrygana, onde as matogueiras dominan e ocupan unha zona seca e dun clima similar ao mediterráneo máis ao interior da costa, tamén o son. Na zona interior á duna atópanse bosques mixtos e de coníferas, como os piñeiros. Os rochedos do litoral do parque son en esencial areais interiores ou froito da fragmentación do solo granítico do litoral galego.
As lagoas forman hábitats singulares, onde a flora e a fauna presentes teñen características de especial interese para a conservación. Iso levou a que se lle outorgase as figuras de protección como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA).
Flora e fauna Flora No parque encóntranse representados 247 taxons vexetais. Podemos atopar especies adaptadas á aridez e inestabilidade do substrato areoso, o cardo mariño, ou o feo de praia (Ammophila arenaria) que fixa os espigóns de praia; outras adaptadas ao alagamento permanente, xuncos, carrizos, ranúnculos, ou ben especies halófitas como a salicornia. Algunhas especies son endémicas do noroeste peninsular e están consideradas como vulnerables ou en perigo de extinción.
As especies da flora en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son: Especie Ammophila arenaria Omphalodes littoralis subsp. gallaecica Narcissus bulbocodium Ruscus aculeatus Spiranthes aestivalis Nanozostera noltii Alyssum loiseleurii Cytisus insularis
Fauna O parque destaca pola súa gran riqueza faunística (o 70% das especies de anfibios e réptiles presentes en Galicia), entre a que destaca sobre todo a ornitofauna. No parque están presentes diversas especies de mamíferos que se moven no espazo e no seu contorno, como o raposo (Vulpes vulpes), o teixugo (Meles meles), o ourizo cacho (Erinaceus europaeus) ou o esquío (Sciurus vulgaris). Tamén a lontra (Lutra lutra) mantén unha presenza común.
Aves A variedade de hábitats do parque natural acolle a unha poboación de aves non abundante en número pero si en especies. Nas dunas e nos areais hai aves que son infrecuentes ou que teñen poucos individuos e que poñen alí os seus niños. Un caso disto son as limnícolas ameazadas Burhinus oedicnemus e Charadrius alexandrinus. Esas mesmas zonas de aniñamento empréganas no inverno outras aves que veñen de paso, como Pluvialis apricaria. Na lagoa de Vixán hai anátidos e aves que veñen aniñar ou están de paso invernal.
Os censos de aves acuáticas invernantes efectuados nos últimos anos proporcionan unha media de 2.300 individuos pertencentes a máis de 35 especies. Entre as especies máis destacadas no parque destacan: o pato cullerete (Anas clypeata), o charneco (Anas crecca), o lavanco (Anas platyrhynchos), o pato asubión (Anas penelope), a cerceta do estío (Anas querquedula), o pernileiro (Burhinus oedicnemus), o pirlo bulebule (Calidris alba), a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a galiñola negra (Fulica atra), a mobella ártica (Gavia arctica), a píllara riscada (Arenaria interpres), a gabita (Haematopus ostralegus), a mobella grande (Gavia immer), a mobella pequena (Gavia stellata), a garza pequena (Ixobrychus minutus), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), o mazarico curlí (Numenius arquata), o mazarico chiador (Numenius phaeopus), o cullereiro (Platalea leucorodia), a pillara dourada (Pluvialis apricaria) ou o carrán cristado (Sterna sandvicensis).
As especies de aves en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son: Especie Poboación Anas strepera Invernal Anas crecca Invernal Anas platyrhynchos Invernal Anas clypeata Invernal Ardea purpurea De paso Ardea cinerea Invernal Aythya ferina Invernal Aythya fuligula Invernal Burhinus oedicnemus Sedentaria, Invernal Calidris alba Invernal, De paso Calidris alpina Invernal Calidris pugnax De paso Charadrius hiaticula Invernal Charadrius alexandrinus Sedentaria, Invernal Circus aeruginosus De paso Circus cyaneus De paso Egretta garzetta Invernal Falco columbarius Invernal Falco peregrinus Invernal Fulica atra Invernal Gavia stellata Invernal Gavia arctica Invernal Gavia immer Invernal Haematopus ostralegus Invernal Ixobrychus minutus Reprodución Limosa lapponica De paso Larus cachinnans Sedentaria Platalea leucorodia De paso Pluvialis apricaria Invernal Phalacrocorax carbo Invernal Phalacrocorax aristotelis Sedentaria Sterna sandvicensis De paso Sterna hirundo De paso Vanellus vanellus Invernal
Mamíferos As especies de mamíferos en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son: Especie Lutra lutra Genetta genetta Phocoena phocoena Myotis myotis Mustela erminea Rhinolophus hipposideros Rhinolophus ferrumequinum Tursiops truncatus
Anfibios e réptiles As especies de anfibios a en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son: Especie Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla arborea Lissotriton boscai Pelobates cultripes Triturus marmoratus
E as especies de réptiles son: Especie Anguis fragilis Caretta caretta Chalcides bedriagai (esgonzo ibérico) Chalcides striatus Coronella girondica Dermochelys coriacea Elaphe scalaris (cobra de escada) Emys orbicularis Lacerta lepida Lacerta schreiberi Natrix maura Natrix natrix (cobra de colar) Pelobates cultripes Podarcis hispanica Psammodromus algirus Rhinechis scalaris Vipera seoanei (víbora de seoane)
Invertebrados As especies invertebradas en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son: Especie Cerambyx cerdo Charonia lampas subsp. lampasCoenagrion mercuriale Echinus esculentus Nucella lapillus Oxygastra curtisii Patella ulyssiponensis Hirudo medicinalis Bolma rugosa
Arqueoloxía No parque hai pegadas de asentamentos humanos , tanto no interior do parque, como o Castro do Porto de Baixo, como nos seus arredores. Representan un valor engadido á súa importancia patrimonial figuras como o dolmen de Axeitos, os petróglifos da Pedra das Cabras, os restos da cultura castrexa coma o Facho ou Tahume e os restos dos fornos de tella en Cortiza e Canosa ou os muíños da zona.
Datos de interese Superficie: 996,25 ha (o espazo protexido como ZEPA alcanza as 4.266 ha e o protexido como ZEC, as 9.263 ha). Altitude media: 14 m Rexión bioclimática: Atlántica Concellos: Ribeira (o espazo protexido como ZEC inclúe terras do Porto do Son e as augas do arquipélago de Sálvora).
Lexislación A figuras de protección do complexo dunar de Corrubedo e das lagoas do Carregal e Vixán son: Parque natural, desde o 5 de xuño de 1992.Corrección de erros.- Decreto 139/1992, do 5 de xuño, polo que se declara parque natural o complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (concello de Ribeira, A Coruña). DOG 58, 26/03/1993.Orde do 8 de xullo de 1991 pola que se declara provisionalmente o complexo das dunas e lagoas de Corrubedo como espacios naturais en réxime de protección xeral. DOG 143/29/07/1991.Decreto 139/1992, do 5 de xuño, polo que se declara parque natural o complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (concello de Ribeira - A Coruña). DOG 113, 15/06/1992.Corrección de erros.- Decreto 139/1992, do 5 de xuño, polo que se declara parque natural o complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (Concello de Ribeira, A Coruña). DOG 138, 17/07/1992. Zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) desde o 19 de xuño de 2003. Zona de especial protección de aves (ZEPA) desde o 19 de xuño de 2003.ZEPA Complexo litoral de Corrubedo. Consellería de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio. Xunta de Galicia. Zona especial de conservación desde o 29 de decembro de 2004. Zona húmida de interese internacional RAMSAR, desde o 26 de marzo de 1993Humidais de Importancia Internacional (Convenio Ramsar), Consellería de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio. Xunta de Galicia. e zona húmida protexida galega Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo, desde o 7 de xuño de 2004.Humedais protexidos. Consellería de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio. Xunta de Galicia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Consellería de Medio Ambiente.
Categoría:Parques naturais de Galicia Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Zonas de especial protección para as aves de Galicia Categoría:Zonas húmidas protexidas de Galicia Categoría:Sitios Ramsar Categoría:Ribeira