Ángel Fraga Orosa, nado en Fabás (Goiriz, Vilalba) o 1 de febreiro de 1898 e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Obtivo o título de mestre superior en Santiago de Compostela en 1917. Ese mesmo ano obtivo o posto de mestre da escola da sociedade Liga Santaballesa.Galicia Pintoresca, 4-10-1917, p. 12. Despois foi mestre de Chavín e dende 1930 de Viveiro. Afiliado á UGT, foi presidente da Asociación de Mestres Nacionais do partido xudicial de Viveiro en 1934. Foi redactor de Aurora e colaborou en Galicia Pintoresca, Vida Escolar e Faro Villalbés. Na Segunda República foi concelleiro de Viveiro. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 28 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 1 de decembro, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo, ás 8 horas do 17 de decembro de 1936, nas tapias do cuartel da Garda civil de Lugo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Viveiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos