A fosa de Ryukyu (en xaponés 琉球海溝, Ryukyu Kaiko) é unha fosa abisal de 1 398 km de lonxitude, situada ao longo do bordo do sueste do Xapón, nas illas Ryukyu, no mar de Filipinas no océano Pacífico, entre o nordeste de Taiwán e o sur do Xapón.

A fosa ten unha profundidade máxima de 7 460 m.

A súa orixe é o resultado que a codia oceánica da placa filipina subdúcese oblicuamente debaixo da codia continental da placa eurasiática, a unha velocidade de aproximadamente 52 mm/ano.

Xunto con canal adxacente Nankai aol nordeste, a subdución da placa filipina produciu 34 volcáns.

O terremoto máis grande que se rexistrou ao longo da fosa Ryukyu, o terremoto de Hyūga-nada de 1968, foi de magnitude 7,5, e ocurreu ao longo da parte máis setentrional da fosa o 1 de abril de 1968. Este terremoto tamén produciu un tsunami.

Notas

Categoría:Accidentes xeográficos Categoría:Océano Pacífico