Joseph Angelo Dallesandro, nado en Pensacola (Florida) o 31 de decembro de 1948, é un modelo fotográfico e actor de cinema estadounidense.
Dallesandro foi coñecido por protagonizar os filmes que Andy Warhol e Paul Morrissey rodaban en The Factory. Destacou pola súa beleza e o seu voluptuoso físico que mostraba espido nos filmes, así como pola súa sinceridade cara á súa bisexualidade. Aínda que nunca se converteu nunha estrela de cinema comercial, Dallesandro é lembrado por ser o símbolo sexual masculino máis famoso do cinema underground dos anos 60 e 70 e unha icona homoerótica, cun culto que persiste. Segundo o seu biógrafo Michael Ferguson, Dallesandro foi «o primeiro sex symbol masculino abertamente erotizado que camiñaba espido a través da pantalla». En palabras do director de cinema John Waters, Joe era «un marabilloso actor que cambiou para sempre a sexualidade masculina na pantalla».
Traxectoria Sendo un adolescente, Dallesandro gañaba a vida grazas ao seu físico, ben posando como modelo de espidos, prostituíndose, ou traballando como actor pornográfico. Nunha entrevista posterior, Dallesandro referiuse a esta época da súa vida: «Nos meus días como prostituto máis que nada estaba a tentar coidar de min mesmo. Atopei toda aquela xente e eles tranquilizábanme, ensináronme unha parte diferente da vida. A miña actitude baseábase en tomar todo aquilo como unha ampliación das miñas experiencias vitais; máis tarde comprendín que realmente buscaba unha figura paterna e alguén que me quixese».Interview magazine, outubro de 1994
En 1967, con dezoito anos, Dallesandro coñeceu a Andy Warhol e a Paul Morrissey, cando estaban inmersos na dirección de The Loves of Ondine, escolléndoo para que participase no filme cando xa estaba en plena rodaxe. Warhol comentou máis tarde: "Nos meus filmes, todo o mundo namórase de Joe Dallesandro."
Dallesandro foi a opción máis lóxica para interpretar o prostituto adolescente de Flesh, que foi o seguinte filme do tándem e que contiña gran cantidade de escenas de espidos. Este filme tivo un notable éxito internacional e converteu a Dallesandro no "Warhol Superstar" máis popular. Rapidamente proxectouse como un actor de culto grazas ao seu físico, de baixa estatura (1,68 m) mais moi agraciado, que mostraba con gran desinhibición nos seus filmes.
Entre outros traballos tamén protagonizou Lonesome Cowboys, Trash, Heat, Andy Warhol's Frankenstein e Andy Warhol's Dracula todos eles dirixidos por Paul Morrissey. Estes dous últimos títulos filmáronse en Europa e tras rodalos Dallesandro decidiu non volver aos Estados Unidos, participando en filmes franceses e italianas que aprazaron o regreso ao seu país ata a década dos 80. Durante ese período alternou a súa presenza en filmes de acción ou eróticas de serie B con outras dirixidos por prestixiosos directores como Black Moon (Louis Malle, 1975) e Merry-Go-Round (Jacques Rivette, 1981). Tamén participou no filme Je t'aime moi non plus dirixido polo cantante Serge Gainsbourg, que coprotagonizou xunto á esposa deste, Jane Birkin. Tralo seu regreso aos Estados Unidos participou en varios filmes sen Warhol e Morrissey, como Cotton Club de Francis Ford Coppola, onde interpretaba o mafioso Lucky Luciano ou en Cry-Baby de John Waters.
Vida persoal Dallesandro é abertamente bisexual, casou tres veces e tivo tres fillos. Casou coa súa primeira esposa, Leslie, filla da moza do seu pai, en 1967. O seu fillo, Michael, naceu o 19 de decembro de 1968. O matrimonio disolveuse en 1969. O seu segundo matrimonio foi con Theresa ("Terry") en 1970. O seu fillo, Joseph A. Dallesandro, Jr., naceu o 14 de novembro de 1970. A parella divorciouse a principios de 1978. En 1987, Dallesandro casou por terceira vez, con Kimberly ("Kim").
Semirretirado da interpretación, en 2009 dirixía un edificio de apartamentos nos Ánxeles.
En 1994 comentou:
Na cultura popular Na canción de Lou Reed "Walk on the Wild Side", sobre as personaxes que Reed coñeceu no estudio de Warhol, The Factory, os versos sobre Dallesandro empregaban o seu alcume, Little Joe. Dallesandro ten unha característica tatuaxe na parte superior do seu brazo dereito onde se pode ler Little Joe. A portada do disco Sticky Fingers, dos Rolling Stones, era unha fotografía de Warhol en que se vía un primeiro plano da entreperna de Joe enfundada nuns cinguidos pantalóns vaqueiros. As primeiras edicións do álbum inclúian unha cremalleira que funcionaba sobre a fotografía. En 1984, o grupo británico The Smiths empregou unha imaxe súa do filme Flesh para ilustrar o seu disco de debut. A banda norueguesa de pop Briskeby publicou en 2005 un sinxelo chamado "Joe Dallesandro".Sex-ikon er gull for Briskeby, by Freddy S. Fagerheim; at NRK.no; publicado o 1 de decembro de 2005; consultado o 4 de abril de 2020
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1967 Four Stars College Wrestler Título alternativo: The 24 Hour Movie 1968 San Diego Surf Joe 1968 The Loves of Ondine College Wrestler 1968 Flesh Joe, the hustler Título alternativo: Andy Warhol's Flesh 1968 Lonesome Cowboys Little Joe Título alternativo: Ramona and Julian 1970 Trash Joe Smith Título alternativo: Andy Warhol's Trash 1972 Heat Joey Davis 1973 Andy Warhol's Frankenstein Nicholas, the stableboy Título alternativo: Flesh for Frankenstein 1974 Blood for Dracula Mario Balato, the Servant Título alternativo: Andy Warhol's Dracula 1974 The Gardener Carl, the Gardener Títulos alternativos: Garden of Death, Seeds of Evil 1975 L'ambizioso Aldo, the Climber 1975 Black Moon Brother Lily 1975 Fango bollente Ovidio Mainardi 1975 Il tempo degli assassini Pierro Giaranaldi 1976 Je t'aime moi non plus Krassky 1976 La Marge Sigismond 1978 6000 km di paura Joe Massi 1978 Suor Omicidi Dr. Patrick Roland 1980 Vacanze per un massacro Joe Brezzi 1981 Merry-Go-Round Ben 1982 Queen Lear Joseph Kunz, the father 1984 Cotton Club Charles "Lucky" Luciano 1986 Fortune Dane 'Perfect' Tommy Nicautri 5 episodios 1987 Critical Condition Stucky 1987 Miami Vice Alfredo Giulinni Episodio: "Down for the Count: Part 2" 1987 Wiseguy Paul 'Pat the Cat' Patrice 5 episodios 1988 Sunset Dutch Schultz 1988 The Hitchhiker Gerard Episodio: "Fashion Exchange" 1988 Double Revenge Joe Halsey 1989 The Hollywood Detective Eddie Northcott Telefilme 1990 Matlock Bobby Boyd 2 episodios 1990 Almost an Angel Bank Hood Leader 1990 Cry-Baby Mr. Hackett 1991 Inside Out Richard Episodio: "The Diaries" 1991 Wild Orchid II: Two Shades of Blue Jules 1992 Guncrazy Rooney 1992 Love Is Like That Boss 1994 Sugar Hill Tony Adamo 1995 Theodore Rex Rogan Directo a vídeo 1998 L.A. Without a Map Michael 1999 The Limey Uncle John Acreditado como Joe Dallessandro 2000 Beefcake Cameos, imaxes de arquivo 2002 Pacino Is Missing Sal Colletti 2008 3 Stories About Evil Jean Maries Curtametraxe
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas The New York Times profile "Joe Dallesandro Home Movies" video Fotografías de Joe Dallesandro 1 Fotografías de Joe Dallesandro 2
Categoría:Nados en Pensacola, Florida Categoría:Nados en 1948 Categoría:Actores de Florida Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos masculinos dos Estados Unidos de América