Stewart Springer, nado o 5 de xuño de 1906 e finado o 23 de agosto de 1991, foi biólogo, herpetólogo e ictiólogo estadounidense.
Traxectoria Stewart Springer foi un naturalista de campo, inicialmente autodidacta. En 1964, 35 anos despois de abandonar a Unbiversidade Butle, obtivo unha licenciatura na Universidade George Washington despois de haber logrado o éxito no campo da ictioloxía.
Moitos colegas e estudantes dirixíanse a el como doutor, supoñendo, erroneamente, que debía ter un doutoramento en bioloxía ou nun campo afín, dado o seu status na comunidade mundial de ictiólogos.
Springer foi un experto de renome mundial no comportamento, taxonomía e na distribución das poboacións dos condrictios.
Máis de 35 especies de tiburóns, raias e outros animais foron clasificadas por el, ou nomeadas na súa honra.
Abreviatura A abreviatura Springer emprégase para recoñecer a Stewart Springer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Herpetólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Ictiólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1991