Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.

Holland lograría máis recoñecemento tras ser seleccionado para interpretar a personaxe de Spider-Man no Universo cinematográfico de Marvel, onde protagonizou os filmes Spider-Man: Homecoming (2017) e Spider-Man: Far From Home (2019), os cales recibiron a aclamación da crítica e foron éxitos en vendas. Holland tamén interpretou a Spider-Man en Captain America: Civil War (2016), Avengers: Infinity War (2018) e Avengers: Endgame (2019), que foron igualmente ben recibidas polo público. Grazas ó seu éxito, gañou o galardón de Premios BAFTA de 2017, ademais de ser receptor de premios nos Saturn Awards e nos Teen Choice Awards. Como actor de voz, participou en filmes como Spies in Disguise (2019), Dolittle (2020) e Onward (2020).

Fóra da súa carreira como actor, Holland dedícase á filantropía, recadando diñeiro para axudar a persoas de baixos recursos no Reino Unido, especialmente familias con nenos que padecen condicións coma a dislexia e enfermidades coma o cancro.

Biografía dereita|miniatura|267x267px|Holland en 2010 tras un espectáculo de Billy Elliot.

1996-2014: primeiros anos e inicios na actuación Thomas Stanley Holland naceu o 1 de xuño de 1996 na cidade de Londres, en Inglaterra (Reino Unido), fillo de Dominic Holland, un comediante e autor, e Nicola Frost, unha fotógrafa. É o maior de catro irmáns e ten ascendencia irlandesa polos seus dous pais. Estudou a primaria na Donhead Preparatory School na cidade de Wimbledon até 2008, e posteriormente a secundaria no Wimbledon College até 2012. Desde ben pequeno interesouse polo baile, e xeralmente sufría bullying por parte dos seus compañeiros, que crían que non era unha «actividade para homes». Con todo, este talento conseguiulle unha oportunidade no teatro e debutou interpretando á personaxe principal do musical Billy Elliot entre 2008 e 2010. Tras culminar a secundaria, asistiu á BRIT School e, ó pouco tempo, conseguiu un papel na película The Impossibles (2012). A película foi un éxito comercial e crítico, e a súa actuación recibiu unha gran aclamación e valeulle múltiples recoñecementos, entre estes o galardón a Actor Revelación nos premios outorgados pola National Board of Review en 2013. Ademais, foi nomeado aos premios Critics' Choice e aos Premios Goya.

Logo diso, Holland aparecería en películas como How I Live Now (2013) e No corazón do mar (2015), as cales, malia fracasaren en termos de crítica e despacho de billetes, lle fixeron gañar popularidade na industria. Tamén debutou na televisión na miniserie Wolf Hall, a cal recibiu a aclamación da crítica e gañou numerosos recoñecementos. En xuño de 2015, Marvel Studios confirmou que Holland asinara un contrato de seis películas para interpretar a personaxe de Peter Parker / Spider-Man no Universo cinematográfico de Marvel.

2016-presente: ascenso á fama como Spider-Man Holland fixo o seu debut como Spider-Man facendo unha aparición na película Captain America: Civil War (2016), que recibiu a aclamación da crítica e recadou 1.1 mil millóns de dólares, o que a fixo a película máis taquillera do 2016. Ese mesmo ano, tamén apareceu nas películas A cidade perdida de Z (2016) e Edge of Winter (2016). Posteriormente, volveu interpretar a Spider-Man, esta vez como protagonista, no filme Spider-Man: Homecoming (2017), que foi igualmente aclamado pola crítica e supuxo outro éxito en despacho de billetes tras recadar 880 millóns de dólares, co que foi a sexta película máis taquillera do 2017. Dita actuación fíxoo acredor dun premio nos Saturn Awards e os Teen Choice Awards, ademais de ser recoñecido co premio á Estrela Emerxente nos BAFTA Awards polo seu rápido ascenso á fama e éxito. Así mesmo, con 20 anos e 123 días, ingresou ao Libro Guinness das marcas por ser o actor máis novo en interpretar unha personaxe principal do Universo cinematográfico de Marvel. Como parte da promoción da película, Holland competiu contra Zendaya no programa Lip Sync Battle, onde cantou unha mestura dos temas «Singin' in the Rain» e «Umbrella». A súa presentación viralizouse e tivo unha resposta sumamente positiva por parte do público e a crítica, que a cualifican como unha das mellores do programa, así como un momento importante dentro da carreira do actor. Por outra banda, apareceu nos filmes Pilgrimage (2017) e The Current War (2017), ambos fracasos en crítica e despacho de billetes.

Holland interpretou novamente a Spider-Man aparecendo en Avengers: Infinity War (2018) e Avengers: Endgame (2019), as cales recibiron a aclamación da crítica e convertéronse en éxitos arrasadores en despacho de billetes, sendo as películas máis exitosas dos seus respectivos anos de lanzamento. Ademais, protagonizou Spider-Man: Far From Home (2019), que obtería loanzas da crítica e recadaría 1.1 mil millóns de dólares, que o converten no cuarto filme máis taquillero de 2019. Este papel fíxoo acredor doutro premio nos Saturn Awards e Teen Choice Awards, así como un Kids' Choice Awards.

Posteriormente, Holland desenvolveu actuacións de voz en Spies in Disguise (2019) e Dolittle (2020), ambos fracasos en crítica e despacho de billetes. Así mesmo, deu voz á personaxe de Ian Lightfoot na película Onward (2020), producida por Pixar e protagonizada en conxunto con Chris Pratt. A película, malia que tivo unha boa recepción crítica, viu afectados os seus ingresos pola pandemia de COVID-19 e tivo que ser publicada en plataformas de streaming pouco despois do seu lanzamento en cines.

Holland protagonizou a película de suspense psicolóxica The Devil All the Time, produción de Netflix lanzada en setembro de 2020. Malia que a cinta tivo recensións mixtas, a crítica loou a actuación de Holland por ser máis seria e escura que os seus papeis anteriores. Así mesmo, protagonizará Chaos Walking, unha adaptación da novela The Knife of Never Letting Go escrita por Patrick Ness. Tamén interpretará a personaxe de Nathan Drake no filme Uncharted, adaptación da serie de videoxogos homónima. Igualmente aparecerá noutros proxectos como Cherry, Beneath the Scarlet Sky e unha terceira película de Spider-Man, aínda sen data de lanzamento.

Vida privada Holland reside no barrio londiniense de Kingston upon Thames, preto da casa dos seus pais e irmáns máis novos. Ten unha cadela chamada Tessa e, malia que se lle ten caracterizado coma seguidor do club de fútbol inglés Arsenal, el desmentiuno, chegando a editar a súa propia páxina de Wikipedia e afirmando que prefire non pronunciarse para evitar enfados e que só xogou unha vez no Arsenal Vets porque "estaban realmente faltos de xogadores"; á súa vez mencionou que non se considera un gran xogador de fútbol.https://www.youtube.com/watch?v=kRK6fAiMQM4 Tamén practica a ximnasia.

Filantropía En outubro de 2012, Holland uniuse á promoción da doazón de medula e sangue, promovendo a asociación de Anthony Nolan. É por iso que protagoniza a campaña publicitaria.

Xunto cos seus tres irmáns, Holland patrocina The Brothers Trust, unha organización de caridade rexistrada no Reino Unido que recada cartos para diversas causas caritativas, fundada no ano 2017.

Filmografía +Cine AnoTítuloRolNotas2010Karigurashi non ArrietyShôVoz na versión inglesa2012The ImpossibleLucas Bennett2013How I Live NowIsaacMomentsBoyCurtametraxe2014LockeEddieVoz2015No corazón do marThomas Nickerson2016Captain America: Civil WarPeter Parker / Spider-ManA cidade perdida de ZJack FawcettEdge of WinterBradley Baker2017PilgrimageIrmán DiarmuidThe Current WarSamuel InsullSpider-Man: HomecomingPeter Parker/Spider-Man2018Avengers: Infinity War2019Avengers: EndgameSpider-Man: Far From HomeSpies in DisguiseWalter BeckettVoz2020OnwardIan LightfootDolittleJipThe Devil All the TimeArvin Russell2021Chaos WalkingTodd HewittPosproduciónUnchartedNathan DrakeCherryNico Walker +Televisión AnoTítuloRolNotas2015Wolf HallGregory Cromwell6 episodios2017Lip Sync BattleEl mesmoEpisodio: «Tom Holland vs. Zendaya» +Teatro AnoObraRolNotas2008-10Billy Elliot: The MusicalBillyVitoria Palace Theatre (Londres)

Premios e nomeamentos AnoPremioCategoríaNomeado porResultado2013Critics' Choice AwardsMellor Intérprete XoveThe ImpossibleNomeadoEmpire AwardsMellor Actor NovoGañadorNational Board of ReviewActor RevelaciónGañadorPremios GoyaMellor Actor RevelaciónNomeadoSaturn AwardsMellor Interpretación dun Actor/Actriz XoveNomeadoYoung Artist AwardsMellor ActorGañador2016Mellor Actor secundarioNo corazón do marNomeadoTeen Choice AwardsRouba EscenasCaptain America: Civil WarNomeado2017BAFTA AwardsEstrela EmerxenteGañadorEmpire AwardsMellor Actor NovoNomeadoSaturn AwardsMellor Interpretación dun Actor/Actriz XoveGañadorTeen Choice AwardsEstrela de Cine RevelaciónSpider-Man: HomecomingNomeadoMellor Actor do VeránGañador2018Saturn AwardsMellor Interpretación dun Actor/Actriz XoveGañadorTeen Choice AwardsMellor Actor de Cine de AcciónAvengers: Infinity WarNomeado2019People's Choice AwardsEstrela de Cine de Acción FavoritaSpider-Man: Far From HomeGañadorEstrela de Cine Masculina FavoritaNomeadoSaturn AwardsMellor Interpretación dun Actor/Actriz XoveGañadorTeen Choice AwardsMellor Actor do VeránGañador2020Jupiter AwardsMellor Actor InternacionalGañadorKids' Choice AwardsActor de Cine FavoritoNomeadoSuperheroe FavoritoGañador2021Critics' Choice Super AwardsMellor Actor de Voz nunha Película AnimadaOnwardPendente

Referencias

Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores infantís de Inglaterra Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Londres