Orbiting Vehicle 5 ou OV5 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1967 e 1969.

Características Os satélites OV5 foi unha serie de satélite de experimentación sinxelos baseados nos satélites ORS. Tiñan forma de octaedro e unha masa de arredor de 9 kg.

Misións OV5 1: levaba a bordo un contador proporcional de berilio, detectores de estado sólido, fotomultiplicadores e seis contadores Geiger direccionais. OV5 2: levaba varios espectrómetros omnidireccionais, contadores Geiger e detectores direccionais de protóns e electróns. OV5 3: levou a cabo probas de fricción con diversos tipos de materiais. OV5 4: fixo experimentos con fluídos en ebulición. OV5 5: levaba un magnetómetro no extremo dun mastro, sete detectores de partículas e un receptor LVF. OV5 6: usou varios detectores de estado sólido, unha copa de Faraday, un espectrómetro magnético e un magnetómetro de porta de fluxo. OV5 7: levaba a bordo varios detecores de raios X solares. OV5 8: fixo experimentos de fricción no baleiro. OV5 9: tiña a bordo un receptor VLF, un detector de raios X solares e catro detectores de partículas.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOV5 128 de abril de 1967Titan 3CÉxitoOV5 328 de abril de 1967Titan 3CÉxitoOV5 816 de agosto de 1968Atlas-SLV3 Burner 2FalloOV5 226 de setembro de 1968Titan 3CÉxitoOV5 426 de setembro de 1968Titan 3CÉxitoOV5 523 de maio de 1969Titan 3CÉxitoOV5 623 de maio de 1969Titan 3CÉxitoOV5 923 de maio de 1969Titan 3CÉxitoOV5 7Non chegou a lanzarse.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Titan 3C Orbiting Vehicle 1 Orbiting Vehicle 2 Orbiting Vehicle 4 Orbiting Vehicle 4

Categoría:Satélites artificiais