Serafín Areal Giráldez, nado en 1855 e finado no Porriño o 8 de novembro de 1935, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante no Porriño. Foi o primeiro correspondente de Faro de Vigo no Porriño.Vida Gallega, 30-11-1935, p. 39. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado vicesecretario do comité local da Unión Patriótica do Porriño en xullo de 1924.El Pueblo Gallego, 8-7-1924, p. 7. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da comisión xestora do Porriño o 25 de abril de 1931.El Pueblo Gallego, 28-4-1931, p. 7. Permaneceu no cargo ata agosto dese ano, pois as eleccións municipais que se repetiron o 31 de maio foron anuladas polo gobernador civil nun dos distritos electorais e houbo que repetirlas o 12 de xullo,El Tea, 23-7-1931, p. 2. obtendo finalmente a vitoria a conxunción republicano-socialista que logrou 10 concelleiros fronte aos 6 dos antigos upetistas, sendo elixido alcalde Marcial Peralba FontánsEl Tea, 3-8-1931, p. 2..El Tea, 11-8-1931, p. 3. Finou no Porriño o 8 de novembro de 1935, con 80 anos.El Tea, 8-11-1935, p. 3.El Pueblo Gallego, 14-11-1935, p. 11.

Notas

Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos