Loa é unha pequena cidade do condado de Wayne, do que é a súa capital, no estado de Utah, Estados Unidos.

Xeografía Situada a 2 153 msnm, ocupa unha superficie de 2,46 km².

No ano 2019 contaba con 575 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 233,72 hab./km².U.S. Census. Consultado o 21 de febreiro de 2021.

Loa localízase xunto á única fonte de auga do condado, coñecida como Spring Creek, que se encontra a 6 km ao norte da cidade, e onde hoxe se atopa o criadeiro de peixes do Estado. A auga potábel de Loa procede dun manancial preto de Road Creek.

Loa ten un clima frío semiárido (Köppen BSk).

Historia Unha oficina de correos chamada Loa está en funcionamento desde 1879. A cidade recibiu o nome en recordo de Mauna Loa, volcán de Hawai, que lle deu un misioneiro mormón que regresara dese lugar.

Galería

Notas

Categoría:Cidades de Utah