Senén Bernárdez Álvarez, nado en Gomesende o 24 de maio de 1930 e finado en Ourense o 22 de xaneiro de 2013Morre Senén Bernárdez, primeira voz do nacionalismo galego no Congreso desde a Segunda República CRTVG., foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Licenciouse en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas e en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1955 estableceuse cunha oficina de farmacia en Padrenda, e tres anos máis tarde (1958) trasladouse a Ourense, onde exerceu como farmacéutico ata o seu retiro en 2005. Foi presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense entre 1968 e 1981. Durante estes anos desempeñou outros postos destacados no campo farmacéutico.

Entrou en política coa UCD, pola que foi elixido deputado no Parlamento de Galicia en 1981. Logo das eleccións xerais de 1982, foi un dos tres senadores galegos designados pola comunidade autónoma, e o único que representou a UCD. Porén, coa disolución da UCD integrouse en Coalición Galega, de quen actuou como senador no grupo Mixto ata 1986. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1985, aínda que renunciou o 7 de xullo de 1986.

Nesas eleccións xerais de 1986 foi elixido primeiro deputado galeguista no Congreso dos Deputados dende a República, ao resultar escollido pola provincia de Ourense.

Obra As súas intervencións foron publicadas nos libros Coalición Galega en el Senado (segunda legislatura) e Coalición Galega en el Congreso de los Diputados (Tercera legislatura).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Políticos de Coalición Galega Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por CG Categoría:Nados en Gomesende Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Farmacéuticos de Gomesende Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia