Na mitoloxía grega, Evadne era a filla de Ifis, un dos heroes que protagonizaron a guerra dos Sete contra Tebas. miniatura|Capaneo, o home de Evadne, escala os muros da cidade pero es morto por un raio de Zeus (c. 340 a.C., Vila Getty, California) Ifis casou con Capaneo Outra tradición di que Ifis e Capaneo eran irmáns., que tamén participou -e morreu- no fracasado intento de conquistar Tebas. Capaneo quixo entrar na cidade gabeando a muralla cunha escaleira pero Zeus matouno cun raio; isto fixo ver ós tebanos que Zeus estaba con eles, polo que se armaron de valor e saíron da cidade, facendo fuxir ós arxivos.
Cando se organizaron os ritos fúnebres polos xefes mortos na batalla, todos foron incinerados nunha gran pira excepto Capaneo, pois a tradición esixía que, ó ser morto por un raio, fose enterrado separado dos demais, nunha tumba valada. Pero entón, Evadne, a muller de Capaneo, botouse sobre a pira común e queimouse viva Outras fontes din que se queimou na pira do seu home..
Evadne e Capaneo tiñan un fillo, Esténelo, que formou parte da expedición coñecida como os Epígonos, formada polos fillos dos sete capitáns mortos na anterior campaña. Neste caso, a guerra rematou coa toma e destrución de Tebas. Este Esténelo herdou o reino de Ifis, que morreu sen fillos vivos Os deuses castigaron deste xeito a Ifis por haber aconsellado a Polinices que subornara á muller de Anfiarao, Erifile, co colar de Harmonía. Anfiarao, coaccionado pola súa esposa, accedeu a ir á guerra e morreu na mesma..
Notas
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega