miniatura|upright|Serling traballando no guión cun dictáfono, 1959 The Twilight Zone (en galego "a zona crepuscular", comercializada como Twilight Zone nas súas últimas dúas temporadas) é unha serie de televisión de estadounidense de episodios creada e presentada por Rod Serling, que estivo durante cinco tempadas na cadea CBS de 1959 a 1964. Cada episodio presenta unha historia independente en que as personaxes se atopan lidando con eventos a miúdo inquietantes ou pouco frecuentes, unha experiencia descrita como entrar na "zona crepuscular", a miúdo cun final sorpresa e unha sentenza. Aínda que predominantemente de ficción científica, eventos paranormais e kafkianos do programa inclinaron o espectáculo cara á fantasía e o terror.

A serie contou con estrelas consagradas e actores novos que se posteriormente foron recoñecidos. Serling exerceu como produtor executivo e guionista; escribiu ou coescribiu 92 dos 156 episodios do programa e tamén foi o presentador e o narrador do programa, facendo monólogos ao comezo e ao final de cada episodio. As narracións de apertura e peche de Serling normalmente resumen os acontecementos do episodio que engloban e por que as personaxes principais entraron na "zona crepuscular".

En 1997, os episodios "To Serve Man" (dirixido por Richard L. Bare) e "It's a Good Life" (dirixido por James Sheldon) clasificáronse respectivamente no posto 11 e 31 dos 100 mellores episodios de todos os tempos segundo a revista TV Guide. O propio Serling afirmou que os seus episodios favoritos da serie eran "The Invaders" (dirixido por Douglas Heyes) e "Time Enough at Last" (dirixido por John Brahm).

En 2002, The Twilight Zone ocupou o posto número 26 dos 50 mellores programas de televisión de todos os tempos nunha listaxe de TV Guide. En 2004, ocupou o posto 8 no Top Cult Shows Ever de TV Guide, pasando ao posto 9 tres anos despois. En 2013, o Writers Guild of America clasificouna como a terceira serie de televisión mellor escrita e TV Guide clasificouna como a cuarta mellor serie dramática,Roush, Matt (25 de febreiro de 2013). "Showstoppers: The 60 Greatest Dramas of All Time". TV Guide. pp. 16–17. o segundo mellor programa de ficción científica e o quinto mellor programa de todos os tempos. En 2016, a serie ocupou o posto número 7 na lista dos 100 mellores programas de todos os tempos de Rolling Stone.

Estrutura miniatura|Bernard Herrmann, compositor da sintonía orixinal Tralo comezo do tema de apertura, composta por Bernard Herrmann na primeira temporada e por Marius Constant nas outras catro, Rod Serling exercía como narrador dos episodios e, a partir da segunda temporada, aparecía antes da emisión do capítulo para outorgarlle un contexto previo.

Cunha duración de 25 minutos aproximadamente por episodio, a serie caracterízase pola súa natureza de serie antolóxica en que os capítulos son autoconclusivos e raramente se establecían continuidades entre os mesmos. Porén, un selo de identidade que se fixo célebre foi por contar habitualmente cun xiro na trama ao final que desencadea un desenlace sorprendente e inesperado.

Adaptacións A serie orixinal foi seguida por secuelas que se emitiron ao longo de diferentes décadas e que recibiron acollidasd distintas por parte do público: The Twilight Zone estreouse en 1985 e prolongouse ata 1989. The Twilight Zone, de 2002, que só durou unha temporada. The Twilight Zone estreouse en 2019.

En 1983 estreouse en salas comerciais un filme, Twilight Zone: The Movie, integrado por catro historias dirixidas por John Landis, George Miller, Joe Dante e Steven Spielberg (tamén produtor do filme). Tres dos segmentos eran versións novas de episodios da serie orixinal e o cuarto, dirixido por Landis, foi creado especificamente para o filme.

En 1994 estreouse un telefilme titulado Twilight Zone: Rod Serling's Lost Classics, dirixido por Robert Markowitz que adaptaba dúas historias escritas polo creador da serie Rod Serling que non fixeran parte da primeira etapa da serie.

Notas

Véxase tamén Bibliografía DeVoe, Bill. (2008). Trivia from The Twilight Zone. Albany, GA: Bear Manor Media. Grams, Martin. (2008). The Twilight Zone: Unlocking the Door to a Television Classic. Churchville, MD: OTR Publishing. Presnell, Don e Marty McGee. (2008). A Critical History of Television’s The Twilight Zone, 1959–1964. Jefferson, NC: McFarland. Sander, Gordon F. Serling: The Rise and Twilight of Television's Last Angry Man. Nova York: Penguin Books, 1992. Stanyard, Stewart T. Dimensions Behind The Twilight Zone. ECW Press, 2007. Zicree, Marc Scott. The Twilight Zone Companion. Sillman-James Press, 1982 (second edition).

Ligazóns externas Páxina oficial

Entrevista aos actores de Twilight Zone, outubro de 2015

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión da CBS Categoría:Series de televisión iniciadas en 1959 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1964