Medardo Rosso foi un escultor italiano, nado en Torino o 21 de xuño 1858 e morto en Milán o 31 de marzo de 1928.

Vida Con doce anos marchou coa súa familia a Milán, onde comezou a frecuentar a Accademia di Brera, onde non se adecuaba ben ao sistema académico de ensinanzas artísticas. Alí traba contacto co movemento da Scapigliatura.

En 1883 marcha a París onde anda nos grupos de artistas impresionistas, aínda que pouco despois regresa a Milán para casar e montar unha familia.

Realizou sobre todo esculturas en cera, pero tamén en bronce, terracota e xeso. Explorou os distintos materiais para desprenderse deles, facendo e refacendo nun e noutro os mesmos motivos de aparicións e fugas. Expuxo nos principais salóns e eventos do seu tempo, e exerceu unha notábel influencia nos postimpresionistas franceses e italianos, se ben a súa repercusión foi silenciada.

O Centro Galego de Arte Contemporánea organizou unha exposición de toda a súa traxectoria entre novembro de 1996 e febreiro de 1997.

Obra "Il cantante a spasso" (1882) "El Locch" (1882) "Il bacio sotto il lampione" (1882) "La portinaia" (1883) "Carne Altrui" (1883) "Impressione d'omnibus" (1883-84) "Maternità" (1886) "Maternità" (1889) "Il malato all'ospedale" (1889) "Bimba che ride" (1890) "Rieuse" (1890) "Grande rieuse" (1891) "Impressione di bimbo ebreo" (1892) "Bimbo al sole" (1892) "Conversazione in giardino" (1893) "Bambino presso l'asilo" (1893) "Signora della veletta" (1893) "Uomo che legge il giornale" (1894) "Yvette Giulbert" (1894) "Il bookmaker" (1894) "Bambino malato" (1895) "Ecce puer" (1906) "Madame X" (1913)

Categoría:Personalidades da escultura Categoría:Nados en 1858 Categoría:Nados en Turín