miniatura|dereita|Imaxe da final.

A Copa do Rei de 1908 foi a sexta edición da competición. Disputouse en abril de 1908 en Madrid baixo a organización do Madrid Football Club, que se proclamou campión ao vencer ao Vigo FC, encadeando así o seu cuarto título consecutivo, marca que só foi igualada polo Athletic Club 25 anos despois, e polo FC Barcelona en 2018. Equipos participantes A edición da Copa de 1908 estivo marcada pola polémica da edición anterior. O Athletic Club bilbaíno, molesto pola actitude do público madrileño en determinados partidos do anterior torneo, negouse a participar no campionato de 1908, faltando así á cita copeira por primeira vez na súa historia. O resto de clubs de España tamén declinaron a invitación para acudir a Madrid, como o campión catalán, o X Sporting Club, argumentando sobre todo os custos económicos dos desprazamentos á capital. No momento da inscrición, só se apuntaran ao torneo dous equipos: o campión de Galicia, o Vigo Foot-Ball Club, e o campión da comarca Centro e organizador do torneo, o Madrid Foot-Ball Club. Así, a competición da Copa limitouse a un só enfrontamento entre os vigueses e os defensores do título, os madrileños.

Final O 12 de abril de 1908 disputouse o único partido da Copa de 1908 nun estadio de O'Donnell, onde o Madrid FC disputaba os seus partidos como local, totalmente enlamado. O Madrid xogou reforzado con dous futbolistas do Pontevedra Sporting Club, Edmundo Nóvoa e Cipriano Prada. O resultado do encontro foi un triunfo por 2-1 do Madrid con goles de Neyra e Revuelto. O gol galego foi obra de Posada.

POR LindseyDEF Berraondo (c)DEF NóvoaMED AspiunzaMED NormandMED Manuel YarzaDIA ParagesDIA PrastDIA NeyraDIA RevueltoDIA Prada

POR LópezDEF WerreDEF OcañaMED César RodríguezMED CondeMED BarajaDIA PosadaDIA EstévezDIA Quincho YarzaDIA NagleDIA José Rodríguez

Notas

Véxase tamén Bibliografía

1908 Categoría:Fútbol en 1908 Categoría:Partidos do Real Madrid CF Categoría:Partidos do Vigo FC