Francisco Sobral Crespo, nado en Santa María de Reboreda (Redondela) o 20 de marzo de 1956, é un escritor en lingua galega.
Traxectoria Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela en 1979. Recoñecido de suficiencia investigadora pola Facultade de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. É profesor de Informática e imparte clases no IES de Teis (Vigo).
Obra Ensaio Alcuños de Redondela, 2003, Ediciones Cardeñoso. ISBN 84-8190-285-3. Recolle 3 200 alcumes (a palabra alcuño é usada na comarca de Redondela como sinónimo).Obras de Francisco Crespo
Novela O Escalado do Convento, 2006, Ediciones Cardeñoso. ISBN 84-8190-438-4.Recensión sobre O Escalado do Convento no Faro de Vigo Traducida ao castelán como El Escalado del Convento (2009). Liquidación por Reformas, 2009, Ediciones Cardeñoso. ISBN 84-8190-587-8.
Notas
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1956