O Festival de Mozos Músicos de Eurovisión (Eurovision Young Musicians, en inglés e en francés: Concours Eurovision des jeunes musiciens) é un concurso organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER), e baseado no BBC Young Musician of the Year en da BBC. O festival está destinado para nenos de entre 8 e 16 anos da Europa. A primeira edición celebrouse na cidade inglesa de Manchester, Reino Unido. O país con máis vitorias é Austria, tendo 5 vitorias (a máis recente do país foi grazas a Ziyu He e o seu violín. A próxima competición celebrarase no Corum en Montpellier, Francia, durante a celebración Festival Radio France Occitanie Montpellier.
Galicia no Festival de Mozos Músicos Eurovisión Galicia nunca participou como tal no Festival de Mozos Músicos de Eurovisión, e non o podería nunca facer, xa que por definición a Televisión de Galicia (TVG) non pode ser membro da UER. Aínda así os galegos poden representar a España.
Descoñécese a orixe dalgúns representantes salvo coas excepcións de: José Ramón Méndez de Asturias, Dolores "Lola" Rodríguez Paredes de Murcia, Antonio Serrano, Leticia Muñoz Moreno e Sara Valencia de Madrid (a representante máis recente de España).
Instrumentos por primeira aparición Piano (Reino Unido en 1982) Clarinete (Francia en 1982) Violín (Noruega en 1982) Viola (Francia en 1982) Cello (Suíza en 1982) Trompa (Reino Unido en 1988) Acordeón (Bélxica en 1990) Harmónica (España en 1992) Trombón (Suíza en 1994) Órgano (Dinamarca en 1994) Percusión (Reino Unido en 1998) Contrabaixo (Hungría en 2000) Trompeta (Francia en 2000) Arpa (Países Baixos en 2000) Saxofón (Alemaña en 2004) Óboe (Suíza en 2006) Frauta (Austria en 2006) Címbalo (Belarús en 2012) Fagot (República Checa en 2012) Qanun (Armenia en 2012) Guitarra (Malta en 2014) Frauta doce (Países Baixos en 2014) Contrabaixo (Austria en 2016) Tamburica (Croacia en 2016)
Gañadores Aquí abaixo móstranse os gañadores do festival (por tres categorías):
Por ano
AnoPaísPezaIntérpreteEdición1982Piano Concerto No.1 de Felix MendelssohnMarkus PawlikFMME 19821984Violin concert no. 5 op. 37 de Henri VieuxtempsIsabelle van KeulenFMME 19841986Piano Concerto E flat de Franz LisztSandrine LazaridesFMME 19861988Concerto for violin and orchestra in d, op.22 de Henryk WieniawskiJulian RachlinFMME 19631990Concert for Piano and Orchestra a-minor op. 16, 1 Mov. de Edvard GriegNiek van OosterumFMME 19901992Concerto for violin and orchestra in d major op. 77Bartłomiej NiziołFMME 19921994Cello Concerto in E minor, op. 85, part I de Edward ElgarNatalie CleinFE 19941996Havanaise in E major, op. 83 de Camille Saint-SaënsJulia FischerFMME 19961998Violin Concerto no. 5, 1st Mov. de Henri VieuxtempsLidia BaichFMME 19982000Piano Concerto in E minor, op. 11, 3rd movement de Frederic ChopinStanisław DrzewieckiFE 20002002Carmen Fantasy de Franz WaxmanDalibor KarvayFMME 20022004Violin Concerto No.1 (1st Movement) de Niccolò PaganiniAlexandra SoummFMME 20042006Concerto for Violoncello and Orchestra, 1st movement de Joseph HaydnAndreas BrantelidFMME 20062008Concerto for Clarinet and Orchestra, 4th movement de Jean FrançaixDionysis GrammenosFMME 20082010Concerto for flute, III. mov. Allegro scherzando de Jacques IbertEva Nina KozmusFMME 20102012Viola concerto, 2 & 3 mov. de Béla BartókEivind RingstadFMME 201220142. ViolinkonzertZiyu HeFMME 20142016Rhapsody pour Saxophone alto de André WaigneinŁukasz DyczkoFMME 201620183rd mvt from Piano Concerto No. 1 de Petr Ilich ChaikovskiiIvan BessonovFMME 20182020cancelado pola pandemia de COVID-19FMME 20202022FMME 2022
Por país
VitoriasPaísAno/s5 Austria19888 - 1998 - 2002 - 2004 - 20143 Polonia1992 - 2000 - 20162 Alemaña1982 - 19962 Países Baixos1984 - 19901 Noruega20121 Eslovenia20101 Reino Unido19941 Francia19861 Rusia20181 Suecia20061 Grecia2008
Por instrumentos
A partir de 2018, vinte e catro instrumentos apareceron polo menos unha vez nas finais televisivas (non incluídas as roldas preliminares e as semifinais). Os seguintes sete foron usados por un gañador polo menos unha vez.
InstrumentoFamiliaTotalAnos gañadosViolinCorda81984, 1988, 1992, 1996, 1998, 2002, 2004 e 2014PianoTeclado51982,1986,1990,2000 e 2018CelloCorda21994 e 2006ClarineteVento-madeira12008FrautaVento-madeira12010ViolaCorda12012SaxofónVento-madeira12016
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Festival de Eurovisión Festival de Eurovisión Júnior Ligazóns externas Páxina oficial do festival Canle de YouTube
Categoría:Festival de Mozos Músicos de Eurovisión