miniatura|dereita|Adorno e Horkheimer, expoñentes da escola. A escola de Frankfurt foi unha corrente académica de mediados do século XX que abrangueu as investigacións de varios sociólogos, psicólogos, economistas e filósofos neo-marxistas asociados ao Instituto de Investigacións Sociais da Universidade de Frankfurt.

O proxecto do Instituto consistía en renovar a teoría marxista da época, incidindo sobre todo no desenvolvemento interdisciplinario e na reflexión filosófica sobre a práctica científica. Para esta tarefa conseguiu concitar os esforzos de estudosos de diferentes ámbitos. A escola foi a primeira institución académica alemá que abrazou abertamente o marxismo. Transladouse ao exilio americano durante o réxime nazi, para regresar a Frankfurt após a vitoria aliada.

Malia a que o Instituto continuou activo so a dirección de Axel Honneth, adoito considérase Jürgen Habermas o último membro da escola de Frankfurt como tal.

Principais pensadores da escola de Frankfurt Theodor Adorno Max Horkheimer Walter Benjamin Herbert Marcuse Günther Anders Alfred Sohn-Rethel Leo Löwenthal Franz Neumann Friedrich Pollock Erich Fromm Jürgen Habermas Oskar Negt Karl A. Wittfogel Susan Buck-Morss

Categoría:Socioloxía Categoría:Semiótica Categoría:Escolas filosóficas