Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.

Toponimia O orónimo provén do latín , e indica un lugar con lama ou lodo.

Xeografía Moi preto da igrexa románica de Santa María de Lamas, no lugar de Lamas, atópanse os montes de Pena Corneira, cunha ampla vista panorámica.

Patrimonio histórico A Igrexa de Santa María de Lamas está situada a 6 km do cruzamento de Leiro e a través dunha estrada local. Érguese nas proximidades do lugar que ocupou o castelo onde sufriu prisión Afonso VII. Tanto pola súa estrutura como polos seus motivos ornamentais, é unha mostra do románico rural galego. Ten unha nave e ábsida rectangulares, cuberta por bóveda de madeira. En cada un dos seus muros ábrense sinxelas portas románicas, sendo a máis notable a de poente, con volutas, capiteis e tímpano de características populares.

Lugares e parroquias Lugares de Lamas

Parroquias de Leiro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Leiro

Ligazóns externas Páxina non oficial do concello de Leiro

Categoría:Parroquias de Leiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía