miniatura|left|Lago Titicaca, do lado boliviano. Bolivia é un dos países máis pobres e menos desenvolvidos de América Latina. Tras unha desastrosa crise económica no inicio da década de 1980 reformas atraeron o investimento privado, estimularon o crecemento económico e diminuíron os índices de pobreza na década seguinte. O período entre 2003 e 2005 foi caracterizado por inestabilidade política, tensións raciais e violentas protestas contra plans - posteriormente abandonados - de exportar o gas natural producida no país para grandes mercados do Hemisferio Norte. No ano 2005 o país aprobou unha controvertida lei sobre hidrocarburos que impuxo un significativo aumento dos dereitos sobre a produción e determinou que as empresas estranxeiras que operaban baixo o réxime de contratos de risco entregasen toda a súa produción á empresa estatal, a cambio dunha tarifa fixa polos servizos.

miniatura|left|Minas en Potosí. As principais actividades económicas en Bolivia son a minería, a fundición de metais, e a agricultura (especialmente a soia, o café e tamén a coca). O país é auto-suficiente en enerxía, grazas ás súas reservas de gas natural.

O país, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre co México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos camiños de ferro, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.

O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentarias restritivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consecuencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en abril e en setembro/outubro baixaron o crecemento para 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.

Notas