1962 (MCMLXII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.

Neste ano o mundo estivo preto dunha guerra nuclear durante a crise dos mísiles de Cuba.

Acontecementos 1 de xaneiro - República Dominicana, tras a morte do ditador Trujillo, asume o poder o Consello de Estado, presidido por Joaquín Balaguer. 1 de xaneiro - Samoa alcanza a súa independencia. 3 de xaneiro - O Papa Xoán XXIII excomunga a Fidel Castro. 5 de xullo - Alxeria alcanza a súa independencia. 3 de agosto - Trinidad e Tobago alcanza a súa independencia. 6 de agosto - Xamaica tornase independente do Reino Unido. 29 de setembro - Lanzamento do primeiro satélite artificial canadense, Alouette 1. 11 de outubro - Inaugúrase o Concilio Vaticano II. 22 de outubro - O presidente Kennedy ordena á mariña de guerra dos Estados Unidos o bloqueo de Cuba ata que a URSS retire os mísiles instalados na illa. 31 de outubro - Lanzamento do satélite artificial estadounidense Anna. O Castro de Elviña, na Coruña, foi declarado Monumento Histórico Artístico.

Nacementos 23 de xaneiro - Elvira Lindo, escritora e xornalista española. 25 de xaneiro - Eusebio Lorenzo Baleirón, escritor galego (m. 1986). 30 de xaneiro - Rei Abdullah II de Xordania. 2 de febreiro - Luís Iglesia, actor galego. 5 de febreiro - Axl Rose, cantante estadounidense do grupo Guns N' Roses. 6 de febreiro - José Blanco, político galego. 11 de febreiro - Sheryl Crow, cantante estadounidense. 15 de febreiro - Milo Đukanović, primeiro ministro de Montenegro. 21 de febreiro - Mark Arm, vocalista e guitarrista estadounidense. 21 de febreiro - Chuck Palahniuk, escritor e xornalista estadounidense. 22 de febreiro - Steve Irwin, herpetoloxista e presentador de televisión australiano (m. 2006). 2 de marzo - Jon Bon Jovi, cantante, compositor e actor estadounidense (Bon Jovi). 4 de marzo - Xela Arias, poeta e tradutora galega (m. 2003). 11 de abril - Vincent Gallo, actor, músico e director de cine estadounidense. 19 de xuño - Paula Abdul, cantante, danzarina e coreógrafa estadounidense. 3 de xullo - Tom Cruise, actor estadounidense. 24 de agosto - Claudio Pato, poeta galego. 26 de xullo - Sergei Kiriyenko, ex-primeiro ministro de Rusia. 11 de setembro - Julio Salinas, exfutbolista español. 10 de outubro - Manuel Outeiriño, escritor galego. 12 de outubro - Branko Crvenkovski, primeiro ministro de Macedonia. 16 de outubro - Flea, baixista australiano. 1 de novembro - Anthony Kiedis, vocalista estadounidense. 11 de novembro - Demi Moore, actriz estadounidense. 19 de novembro - Jodie Foster, actriz estadounidense. 19 de novembro - Uxía, cantante galega. 2 de decembro - Vlado Bučkovski, político e ex-primeiro ministro de Macedonia do Norte (2003-2006). Daher Ahmed Farah - xornalista, escritor e político de Djibuti. Cheikh Fayé - mestre e escritor senegalés radicado en Galiza.

Mortes miniatura|dereita|150px|Julio Camba. 1 de xaneiro - Diego Martínez Barrio, expresidente da Segunda República Española. 31 de xaneiro - Vlasta Burian, actor e cantante checo (n. 1891). 11 de febreiro - Indalecio Prieto, político socialista español. 28 de febreiro - Julio Camba, escritor, xornalista, humorista (n. 1884). 6 de marzo - Constantino Candeira Pérez, arquitecto e escritor galego (n. 1892). 15 de marzo - Arthur Compton, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1892). 20 de marzo - Charles Wright Mills, sociólogo estadounidense (n. 1916). 24 de marzo - Auguste Piccard, inventor suízo do batiscafo (n. 1884). 24 de abril - Anatoli Marienhof, escritor ruso (n. 1897). 31 de maio - Adolf Eichmann, ex-oficial nazi, executado (n. 1906). 12 de xuño - Benigno Varela Pérez, avogado, xornalista e político galego (n. 1872). 6 de xullo - William Faulkner, escritor estadounidense, Premio Nobel de Literatura (n. 1897). 8 de xullo - Georges Bataille, escritor e filósofo francés. 25 de xullo - Ramón Ferreiro Lago, notario e escritor galego (n. 1872). 5 de agosto - Marilyn Monroe, actriz estadounidense. 9 de agosto - Hermann Hesse, escritor suízo de orixe alemá. 7 de setembro - Karen Blixen (Isak Dinesen), escritora danesa. 16 de outubro - Gaston Bachelard, filósofo francés. 31 de outubro - Gabrielle Renaudot astrónoma francesa. (n. 1877). 2 de novembro - Jesús Andreu Lázaro, enxeñeiro agrónomo español. 7 de novembro - Eleanor Roosevelt, primeira dama estadounidense. 17 de novembro - Elpidio Villaverde, político galego. 18 de novembro - Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de Física en 1922 (n.1885). Alexandre Daskalos, escritor angolano (n. 1924).

Premios Nobel Física: Lev Landau Química: Max Ferdinand Perutz e John Cowdery Kendrew Fisioloxía ou Medicina: Francis Crick, James Watson e Maurice Wilkins Literatura: John Steinbeck Paz: Linus Pauling

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1962