Na relatividade especial, o cuadrimomento é un cuadrivector que substitúe ó momentum clásico. O cuadrimomento dunha partícula defínese como a masa da partícula multiplicada pola súa cuadrivelocidade.

onde

é a enerxía do corpo en movemento, e c é a velocidade da luz.

Calculando a norma de Minkowski do cuadrimomento resulta:

Como c é unha constante, pódese dicir que, seleccionando unidades de medida nas que c = 1, a norma de Minkowski do cuadrimomento é igual á masa do cuerpo.

A conservación do cuadrimomento orixina as tres leis de conservación clásicas:

A enerxía (p0) é conservada. O momentum clásico tamén. A norma do cuadrimomento asemade.

Nas reaccións entre un grupo de partículas illadas, o cuadrimomento consérvase. A masa dun sistema de partículas pode ser meirande que a suma da masa das partículas, debido a que a enerxía cinética cóntase como masa. Por exemplo, se temos dúas partículas con cuadrimomento {5, 4, 0, 0} e {5, -4, 0, 0} cada unha tería unha masa de 3 unidades, pero a súa masa total sería de 10. Nótese que a lonxitude do cuadrivector {t, x, y, z} é .

Categoría:Relatividade Categoría:Magnitudes físicas