Bars-M (índice GRAU 14F148) é unha serie de satélites de recoñecemento rusos.
Características Os satélites Bars-M son satélites de recoñecemento electroópticos deseñados para substituír os Yantar 1KFT, que devolvía as imaxes en formato de película fotográfica, e á serie Bars, cancelada a principios de 2000. Os Bars-M foron comezados a ser desenvolvidos por TsSKB Progress en 2007. Levan un sistema de imaxe electroóptico denominado Karat e un altímetro láser dual para obter datos topográficos de alta resolución. O sistema pode obter imaxes cunha resolución de 1 metro. Estímase que cada satélite ten unha masa duns 4000 kg e que teñen unha vida prevista en órbita de 5 anos. Son lanzados mediante foguetes Soiuz 2-1a.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasBars-M 127 de febreiro de 2015Soiuz 2-1aÉxitoBars-M 224 de marzo de 2016Soiuz 2-1aÉxitoBars-M 319 de maio de 2022Soiuz 2-1aÉxitoBars-M 423 de marzo de 2023Soiuz 2-1aÉxitoBars-M 521 de decembro de 2023Soiuz 2-1aÉxitoBars-M 631 de outubro de 2024Soiuz 2-1aÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz 2-1a
Categoría:Satélites artificiais