1930 (MCMXXX) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos miniatura|300px|Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís Freire. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González López, Salvador Mosteiro, Francisco Abelaira, Bernardino Varela e Manuel María González. 2 de xaneiro - Chiang Kai-shek asume a xefatura do poder civil na China. 28 de xaneiro - O ditador español Miguel Primo de Rivera presenta a súa dimisión ao rei Afonso XIII. 16 de febreiro - Pacto de Lestrobe: alianza dos partidos galegos: ORGA, Partido Radical e Alianza Republicana, que constituíron a Federación Republicana Gallega (FRG). 10 de xullo - Constitúese en Ourense a Asociación de Escritores Gallegos presidida por Ramón Otero Pedrayo. 27 de agosto - Pacto de San Sebastián: as forzas políticas antimonárquicas españolas asinan unha alianza perante a caída da ditadura de Primo de Rivera. miniatura|Luís Manteiga, Héctor Raurich e Luís Seoane en Compostela en 1930., Quique (19/11/2017). "Luís Seoane no Santiago de 1930" La Voz de Galicia.

Nacementos miniatura|Portada dun exemplar da prensa da época. 16 de xaneiro - Rogelio Groba, músico e compositor galego. 19 de xaneiro - Uxío Novoneyra, poeta galego. 20 de xaneiro - Buzz Aldrin, astronauta estadounidense. 23 de xaneiro - Derek Walcott, escritor antillano. 3 de abril - Helmut Kohl, chanceler de Alemaña (1982 - 1998) 30 de abril - Félix Guattari, psicanalista e filósofo francés. 3 de maio - Juan Gelman, escritor arxentino. 6 de maio - Willie Rosario, músico portorriqueño. 31 de maio - Clint Eastwood, actor, produtor e director de cine norteamericano. 20 de xuño - Basilio Losada, tradutor e crítico literario galego. 23 de xuño - J. H. Elliott, historiador británico. 24 de xuño - Claude Chabrol, director de cine francés. 15 de xullo - Jacques Derrida, filósofo francés. 1 de agosto - Pierre Bourdieu, sociólogo francés. 5 de agosto - Neil Armstrong, astronauta norteamericano. 17 de agosto - Ted Hughes, poeta inglés. 25 de agosto - Sean Connery, actor e produtor de cine escocés. 30 de agosto - Warren Buffett, investidor e filántropo estadounidense. 22 de setembro - Antonio Saura, pintor español. 6 de outubro - Hafez al-Assad, presidente de Siria (1970-2000). 10 de outubro - Harold Pinter, escritor británico, Premio Nobel de Literatura en 2005. 21 de outubro - Xosé Lodeiro, pintor galego (m. 1996). 14 de novembro - Celso Montero, político galego. 23 de novembro - Herberto Helder, poeta portugués (m. 2015). 3 de decembro - Jean-Luc Godard, director de cine franco-suízo. 9 de decembro - Edoardo Sanguineti, escritor italiano. Xosé Piñeiro Priegue, fotógrafo galego.

Mortes 28 de xaneiro - Manuel Antonio, poeta galego. 2 de marzo - D. H. Lawrence, novelista e poeta británico. 16 de marzo - Miguel Primo de Rivera, militar, presidente do Goberno de España como ditador (1923-1930) 18 de marzo - Ramón Cerdeiras, xornalista galego (n. 1859). 14 de abril - Vladimir Maiakovski, escritor ruso. 5 de maio - Laureano Salgado Rodríguez, empresario e político galego (n. 1847). 10 de maio - Julio Romero de Torres, pintor español. 13 de maio - Fridtjof Nansen, explorador e político noruegués, premio Nobel da Paz en 1922. 27 de maio - Gabriel Miró, escritor español. 7 de xullo - Arthur Conan Doyle, escritor británico. 4 de agosto - Euxenio Charlón, dramaturgo galego. 27 de agosto - Justo Martínez Martínez, médico, militar e político galego (n. 1842). 27 de setembro - Xosé Iglesias Roura, avogado, político e escritor galego (n. 1979). 11 de outubro - Ángel Martínez Castro, agrarista e político galego. 4 de novembro - Ángel Amor Ruibal, pensador galego. 5 de novembro - Christiaan Eijkman, fisiólogo holandés, premio Nobel de Medicina en 1929. 8 de decembro - Florbela Espanca, poeta portuguesa. 13 de decembro - Fritz Pregl, químico austríaco, premio Nobel de Química en 1923. 22 de decembro - Xosé Lesta Meis, escritor e xornalista galego.

Premios Nobel Física: Chandrasekhara Venkata Raman Química: Hans Fischer Fisioloxía ou Medicina: Karl Landsteiner Literatura: Sinclair Lewis Paz: Nathan Söderblom

Outros

Historia ano a ano Notas

Categoría:1930