A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituíse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participou na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea foi o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña.Páxina de contacto da AELG A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios,Informe do Consello Directivo da AELG, Asemblea xeral de socios celebrada en febreiro de 2019. nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

En 2022 foi Premio Rosalía de Castro de Lingua.

Presidentes Sucesivamente: Carlos Mella Xosé María Álvarez Cáccamo (presidente interino) Bernardino Graña Antón Avilés de Taramancos Uxío Novoneyra Euloxio Ruibal Cesáreo Sánchez Iglesias

Composición do consello directivo miniatura|Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. Presidencia: Cesáreo Sánchez Iglesias Vicepresidencia: Anna R. Figueiredo Secretaría Xeral: Cilha Lourenço Tesouraría: Marta Dacosta Vogalía de Novos Proxectos: Rosalía Fernández Rial Vogalía da Coruña: Antía Yáñez e Beatriz Maceda Vogalía de Lugo: Lois Pérez Vogalía de Vigo: Ledicia Costas Vogalía de Pontevedra: Montse Fajardo Vogalía de Santiago de Compostela: Daniel Asorey Vogalía de Ourense: Xoán Carlos Domínguez Alberte Vogalía de Relacións Internacionais: Xavier Queipo Vogalía de Cataluña: Alicia Fernández Rodríguez Vogalía de Literatura e Tradición Oral: Antonio ReigosaAELG Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega Vogalía de Literatura dramática: Alfonso Becerra

Escritor galego universal Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aquelas autoras e autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana, honrando cada ano unha escritora ou escritor. 2006: Mahmoud Darwich 2007: Pepetela 2008: Nancy Morejón 2009: Elena Poniatowska 2010: Juan Gelman 2011: Antonio Gamoneda 2012: José Luis Sampedro 2013: Lídia Jorge 2014: Bernardo Atxaga 2015: Luiz Ruffato 2016: Pere Gimferrer 2017: Hélia Correia 2018: Isabel-Clara Simó 2019: María Teresa Horta 2020: Mariasun Landa 2021: José Luandino Vieira 2022: Ana Luísa Amaral

2023: Lydia Cacho

Notas

Véxase tamén Outros artigos Escrita (revista) Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Ligazóns externas Páxina web da AELG centro de documentación e consellos directivos Axenda Cultural da AELG

Categoría:Literatura en lingua galega Categoría:Asociacións de Galicia