Marta Larralde Rivera, nada en Vigo o 22 de abril de 1981, é unha actriz galega.
Traxectoria Formouse como realizadora cun Ciclo Superior de Realización na Escola de Imaxe e Son de Vigo. Comezou traballando detrás da cámara como guionista, directora e axudante de dirección, mais sentiuse atraída pola interpretación e converteuse nunha das actrices galegas de maior proxección tras ser elixida de forma casual en 2001 para protagonizar a longametraxe Lena, de Gonzalo Tapia, rodada na súa cidade natal.
Desde entón participou en varias películas, destacando León e Olvido e a súa breve aparición en Mar Adentro, así coma un papel fixo na última temporada da serie televisiva Hospital Central e, anteriormente, en varias producións da TVG.
A súa formación inclúe cursos teatrais, de animación, vocalización, danza e expresión corporal.
Traballos como actriz Películas Lena (2001), de Gonzalo Tapia. Como Lena. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Costureira 3. Una preciosa puesta de sol (2003), de Álvaro del Amo. Como Beatriz. León e Olvido (2004), de Xavier Bermúdez. Como Olvido. Mar adentro (2004), de Alejandro Amenábar. Como Rapaza na praia. Interior (noche) (2005), de Miguel Ángel Cárcano. Como Ana. A velocidade funda o esquecemento (2005), de Marcelo Schapces. El penalti más largo del mundo (2005), de Roberto Santiago. Como Cecilia. Viure de mentides (2005) (TV), de Jorge Algora. Como Cristina Durán. Días azuis (2006), de Miguel Santesmaces.Como Belén. Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Rita. Contar de memoria (2006), de Marcelo Schapces. Bajo mis botas (2007) -Elías Querejeta. Dos miradas (2007), de Sergio Candel. Como Laura. 4000 euros (2008), de Richard Jordan. Como Sara. Onde está a felicidade? (2010), de Carlos Alberto Riccelli. Como Milena. Outro máis (2011) (TV), de Ricardo Llovo. Como Bea. La playa de los ahogados (2014).
Curtametraxes Los perros de Pavlov (2003), de Kike Maillo. Como Alicia. El último peldaño (2004), de José Manuel Quiroga. Mentes rebosantes, de José Pena. Vamp Lesvos, de Ricardo Spenser.
Televisión Personaxes fixos Hospital Central (2006). Como Luna. Telecinco. Gran Hotel (2011-2013). Como Belén Martín. Antena 3. Seis hermanas (2015-2017). Como Diana Silva. TVE. Fariña (2018-¿?). Como Nieves. Antena 3.
Personaxes episódicos Galicia Express (2000). TVG. Pequeno Hotel (2001). TVG. Un paso adelante (2004). Como Elena. Antena 3. UCO (2009). Como Ana. TVE. O Nordés (2009). Como Ana. TVG. Impares (2009). Como Diana. Antena 3. Matalobos (2010). Como Raquel. TVG. Los misterios de Laura (2010). TVE. Todas las mujeres (2010). Como Carmen. TNT.
Teatro El zoológico de cristal, dirixida por Manuel Camba. El flautista de Hamelin, dirixida por Manuel Camba. Aquelarre, dirixida por Malé González. El color de agosto, dirixida por Marta Álvarez.
Traballos como guionista 666, programa piloto para T.V. ¡Ah, eres tú!, curtametraxe. Un mar de recuerdos, documental. Ni de tu sombra, curtametraxe.
Traballos como auxiliar de dirección Os luns ó sol (2002), de Fernando León de Aranoa.
Galardóns e nomeamentos 2001 Premio Mellor Actriz no Festival de Cine de Tudela, por Lena.
2004 Premio á Mellor Actriz no Festival de Cine de Toulousse, por León e Olvido. Premio á Mellor Actriz no Karlovy Vary International Film Festival, por León e Olvido. Premio á Mellor Actriz en Black Nights en Tallin (Estonia), por León e Olvido. Premio á Mellor Actriz no Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, por León e Olvido.
2012 Premio Ofimar á Mellor Interpretación por PornobrujasMarta Larralde, premiada en el XIV Festival de Cine Octubre Corto 2012
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme ResultadoC. Piñeiro 2002Mellor actrizLena Gañadora2004Mellor actrizLeón e Olvido Gañadora2006Mellor actriz secundariaDías azuisNomeada2011Mellor actriz secundariaOutro máisNomeada2013Mellor actriz secundariaGran HotelNomeada2014Mellor actriz secundariaO ouro do tempoNomeada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.martalarralde.com, galería fotográfica Marta Larralde en AVG de Culturagalega.org Biografía segundo lahuigera.net
Categoría:Actores de Vigo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista