Deep Purple é un grupo de rock inglés xurdido en Hertfordshire en 1968. Está considerado un dos pioneiros do heavy metal e do hard rock moderno, aínda que o seu estilo musical ten variado cos anos.
Traxectoria Nos seus primeiros tempos integrábano músicos de rhythm and blues como John Lord, Nicky Simper ou o solista Rod Evans, un guitarrista tan duro como Ritchie Blackmore, e un batería tan caracterizado, enerxético e repetitivo coma Ian Paice. Os seus primeiros temas son versións e dan lugar a unha primeira época onde Lord imprime un carácter sintético entre o blues, o rock sinfónico máis denso e algunhas resonancias tomadas de The Beatles, con álbums como Book of Taliesyn e o que leva o nome do grupo e sérvelles de tarxeta de presentación. O teclista Jon Lord sendo un fanático da música clásica compón en 1970 o Concerto for Group and Orquestra en colaboración có trompetista e compositor británico Malcolm Arnold). Peza que o grupo grava ese mesmo ano no Royal Albert Hall de Londres coa colaboración da Real Orquestra Filharmónica de Inglaterra.
A segunda época, que arranca de 1970, relacionará ós incorporados Ian Gillan (voz) e Roger Glover (produción e baixo), que tomarían partido pola liña propugnada por Blackmore: In Rock (1970) será unha contundente mostra desta etapa, á que seguiron Fireball (1971), Machine Head (1972) e o mítico dobre Made in Japan (1972), que define o seu retrato máis difundido e aceptado, pero á custa de prexudicar o futuro da banda, xa que sendo un dos grupos que máis discos en directo sacaron, todos estes se basean nas mesmas 7 cancións.
O disco single Smoke On The Water está considerado un clásico no seu xénero polo seu atronador arranxo e a súa repetitiva liña guitarrística.
A banda disgrégase en 1973 coa marcha de Gillan que é substituído por David Coverdale, e a saída de Roger Glover que cambia o seu posto con Glen Hughes. Finalmente en 1975 gravan o Made in Europe durante a última xira do grupo por Europa, nesa época Ritchie Blackmore xa formará a súa propia banda (Ritchie Blackmore´s Rainbow).
A mediados dos anos oitenta a banda recomponse en parte xa que os cambios na guitarra (Ritchie Blackmore, Tommy Bolin...) e no cantante (Ian Gillan, David Coverdale...) son constantes.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Compoñentes Shades of Deep Purple 1968 Tetragrammaton, Parlophone Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord The Book of Taliesyn 1968 Tetragrammaton, Harvest Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord Deep Purple 1969 Tetragrammaton, Harvest Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord Deep Purple in Rock 1970 Harvest Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord Fireball 1971 Harvest, Warner Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord Machine Head 1972 Purple, Warner Bros. Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord Who Do We Think We Are? 1973 Purple, Warner Bros. Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord Burn 1974 Purple, Warner Bros. Blackmore-Coverdale-Paice-Hughes-Lord Stormbringer 1974 Purple, Warner Bros. Blackmore-Coverdale-Paice-Hughes-Lord Come Taste the Band 1975 Purple, Warner Bros. Bolin-Coverdale-Paice-Hughes-Lord Perfect Strangers 1984 Polydor, Mercury Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord The House of Blue Light 1987 Polydor, Mercury Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord Slaves & Masters 1990 RCA, BGM Blackmore-Turner-Paice-Glover-Lord The Battle Rages on... 1993 RCA, BGM, Giant Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord Purpendicular 1996 RCA, BGM, CMC Morse-Gillan-Paice-Glover-Lord A.BanD.On 1998 EMI, BGM, CMC Morse-Gillan-Paice-Glover-Lord Bananas 2003 EMI, Sanctuary Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey Rapture of the Deep 2005 Edel, Eagle, Victor Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey Now What?! 2013 earMUSIC, Eagle, Victor Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey Infinite 2017 earMUSIC Morse-Gillan-Paice-Glover-AireyWhoosh!2020earMUSICMorse-Gillan-Paice-Glover-AireyTurning to Crime2021earMUSICMorse-Gillan-Paice-Glover-Airey=12024SPLAT!2026
En vivo Concerto for Group and Orchestra Deep Purple In Concert Space Vols 1 & 2 Gemini Suite Live Scandinavian Nights (Live & Rare) Made in Japan Live in Japan California Jamming (Live in the California Jam) Live in London Made in Europe The final Concerts Days May Come & Days May Go (Rehearsal Tapes) Last concert in Japan This time around On the Wings of a Russian Foxbat In the Absence of Pink (Knebworth 85) Nobody's Perfect Come Hell or High Water Live At NEC Live in the Olympia Total Abandon Live in the Royal Albert Hall Live at the Rotterdam Ahoy
Véxase tamén Ligazóns externas www.deeppurple.org Foro Internacional de Deep Purple e relativos en castelán
Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 1968