miniatura|322x322px|Moedas de cobre da Compañía Neerlandesa das Indias Orientais: 2 duit (1790), 1 duit (1794) e ½ duit (1755). As moedas da Compañía Neerlandesa das Indias Orientais son as emitidas por esta compañía comercial de carácter privado dos Países Baixos (en neerladés: Vereenigde Oostindische Compagnie —VOC—) entre 1602 e 1799 para o seu uso nos territorios de ultramar que estaban baixo a súa autoridade nas Indias Orientais Neerlandesas.

Contexto histórico A Compañía Neerlandesa das Indias Orientais fundouse en 1602 cun status de compañía comercial privada e que acadou o monopolio do comercio de ultramar entre a República dos Sete Países Baixos Unidos e a zona situada ao leste do Cabo de Boa Esperanza e ao oeste do Estreito de Magalláns. Un dos obxectivos da fundación da VOC era evitar a continua loita de poder entre as compañías comerciais competidoras da República.Bucknill, J. A. S. (2000) . Páxina 15.

miniatura|143x143px|Monograma da VOC, habitualmente presente nestas emisións.

Os Estados Xerais dos Países Baixos transferíronlle á VOC unha serie de dereitos reservados adoito ao Estado; por exemplo, concedéronselle á compañía os dereitos a posuír o seu propio exército, a asinar tratados internacionais e a emitir a súa propia moeda. Tamén se lle outorgou un poder para comerciar á súa discreción na zona abranguida entre o Cabo de Boa Esperanza e o Estreito de Magalláns.

A compañía experimentou un rápido crecemento e estableceu un gran número de postos comerciais e varias cidades e colonias propias, como as de Cidade do Cabo e Batavia.

Moedas Durante os seus 200 anos de existencia, a VOC emitiu un gran número de moedas.Bucknill, J. A. S. (2000) . Páxina 16.Feenstra, A. (2014). Páxinas 153, 156. Estas cuñaxes non só se producían nos Países Baixos, senón tamén de xeito local, en diferentes puntos de Asia. As moedas cuñadas na metrópole e as de produción local circulaban xuntas polo xeral, aínda que nalgunhas zonas as moedas europeas tiñan máis aceptación que noutras. A maioría das moedas emitidas pola Compañía Neerlandesa das Indias Orientais levan o monograma distintivo "VOC". Os valores faciais máis habituais son o florín (gulden), o ducatón, o stuiver e o duit, e en ocasións emitíronse tamén moedas divisionarias como o medio duit.Feenstra, A. (2014). Páxina 158. miniatura|230x230px|Duit de cobre da Compañía Neerlandesa das Indias Orientais, cuñada en Holanda en 1735. As primeiras emisións das moedas da VOC tiveron lugar nos Países Baixos a mediados do século XVII e, logo dunha pausa, continuaron a partir de 1744 e ata a disolución da compañía. As moedas producidas en territorio europeo cuñáronse en ouro, en prata, en aliaxes de cobre e, ás veces, en estaño, en varias das cecas provinciais dos Países Baixos, como as establecidas en Holanda, Utrecht, Zelandia, Güeldres e Overijssel."Dutch East India Company Coins". Dniewcollectors.blogspot.co.uk.

Pola súa banda, as moedas producidas en Asia amosan unha maior variedade e emitíronse en oro, en prata e en bronce. Algunhas delas amosan marcas gravadas con punzón e estampadas pola propia VOC ou por particulares locais.Bucknill, J. A. S. (2000) . Páxinas 16-17. Tamén se produciu en ocasións a contraestampaxe por parte da VOC de moedas estranxeiras, como o koban xaponés, a rupia de Suratte ou o real de oito español ou hispanoamericano, para lles dar validez para o seu uso como moedas propias.Bucknill, J. A. S. (2000) . Páxinas 19-21.Shimada, R. (2006). Páxinas 85-86.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bucknill, J. A. S. (2000) . The Coins of the Dutch East Indies: An Introduction to the Study of the Series. Asian Educational Services. ISBN 8120614488 Shimada, R. (2006). The Intra-Asian Trade in Japanese Copper by the Dutch East India Company during the Eighteenth Century. Brill, Leiden. ISBN 9004150927 Feenstra, A. (2014). "Dutch Coins for Asian Growth. VOC-duiten to Assess Java’s Deep Monetisation and Economic Growth, 1724-1800". En Tijdschrift voor Sociale en Economische Geschiedenis. 11 (3): 153-157. Outros artigos

Compañía Holandesa das Indias Orientais

Ligazóns externas

VOC Kenniscentrum

Categoría:Moedas dos Países Baixos Categoría:Moedas de Indonesia Categoría:Moedas de Sri Lanka Categoría:Moedas da India