dereita|250x250px|miniatura|Control dos pais. Os controis dos pais son funcións que poden incluírse nos servizos de televisión dixital, ordenadores e videoxogos, dispositivos móbiles e software que permiten aos pais restrinxir o acceso ao contido aos seus nenos. Estes controis creáronse para axudar aos pais a restrinxir certos contidos que poden ver os seus fillos. Estes contidos poden ser susceptibles de restricción por considerarse pouco axeitados para a súa idade, nivel de madurez ou sentir que está dirixido a un público adulto. Os controis dos pais divídense en catro categorías: filtros de contido, que limitan o acceso ao contido inadecuado á idade; controis de uso, que limitan o uso destes dispositivos, como pór límites de tempo ao uso ou prohibir certos tipos de uso; ferramentas de xestión de uso do ordenador, que obrigan ao uso de certo software; e monitoreo, que pode rastrexar a localización e a actividade cando se usan os dispositivos.

Notas

Categoría:Televisión Categoría:Pedagoxía