Boroa é un grupo musical galego formado en Boiro no 2020, que combina diferentes estilos coa gaita galega como elemento principal.
Traxectoria O grupo naceu en Boiro no ano 2020, aínda que a idea levaba unha década na mente dos músicos fundadores. Os tres membros que deron forma ao grupo dende o seu inicio son Sabela Olivares (gaita, piano, pandeireta e voz), Suso Bello (guitarra) e Alberto Millán (baixo). En 2023 publicaron o seu primeiro disco, un traballo con nove temas titulado O' Clásico Fol, no que participou como batería Javier Gómez, e que contou coas colaboracións de Fernando Pérez e Xosé Miguélez.
Discografía O' Clásico Fol (2023).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Grupos musicais formados en 2020 Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de folk galego Categoría:Grupos musicais en galego