Tariku Novales Quinteiro, nado en Jijiga (Etiopía) o 8 de marzo de 1998, é un atleta galego, especialista en probas de fondo e medio fondo. Cun tempo de 2:05.48, é o actual posuidor do récord de España de maratón.

Traxectoria Nacido en Etiopía, aos 6 anos foi adoptado por unha familia de Noia. Rapidamente integrado na vila noiesa, aos dous meses xa falaba galego e castelán. Iniciouse no atletismo no Club Atletismo Noia, practicando saltos, lanzamento de xavelina e carreiras de valados, ata que optou polas carreiras de fondo e medio fondo. En 2013 proclamouse campión de España cadete dos 3000 metros en pista cuberta, e en 2014 formou parte da xeración de atletas galegos que participaron nos trials de Bakú, como parte da clasificación para os Xogos Olímpicos da Xuventude, competindo na proba de 1500 metros xunto a Adrián Ben e Miguel González Carballada. En 2015 proclamouse campión de España xuvenil na proba de 3000 metros.

Instalado na Residencia Blume de Madrid, especializouse na proba de 5000 metros, da que se proclamou subcampión europeo sub-20 en 2017 na cidade italiana de Grosseto, rematando só por detrás do futuro campión olímpico e plusmarquista mundial Jakob Ingebrigtsen. Ese mesmo ano coroouse como campión de España júnior dos 5000 en Granollers, logro que repetiu ao ano seguinte en Soria, xa en categoría sub-23. Tamén en 2018, no Campionato Europeo de Campo a Través, conseguiu a medalla de bronce na proba por equipos da categoría sub-23, na que competiu xunto a Adrián Ben e Amin Houkmi.

En 2019 proclamouse campión de España sub-23 nos 3000 metros, no certame celebrado en Salamanca, e participou tamén no Campionato Absoluto da mesma proba, onde finalizou quinto. Ese ano regresou de Sant Cugat del Vallès coa medalla de prata do Campionato de España de Medio Maratón, onde foi superado só por Houssame Edine Benabbou. En febreiro de 2020 proclamouse campión nacional de medio maratón no Porto de Sagunto, por diante de Mohamed Ali Jelloul e Alberto Sánchez.

Coa imposibilidade de correr trala irrupción da pandemia de COVID-19, aproveitou para facer a súa primeira incursión no mundo da música, publicando un tema de rap titulado "Suficiente", con videoclip incluído. Dúas lesións postergaron o seu regreso ás pistas e no verán de 2022 perdeu a súa bolsa e a súa praza na Residencia Blume. Decidiu entón mudar o rumbo da súa carreira deportiva, e aos seus 24 anos pasou a competir na proba do maratón. O seu debut na distancia produciuse en abril de 2022, no Maratón de Madrid, onde sufriu numerosos problemas que o afastaron dos bos tempos.

No verán regresou á súa Etiopía natal para se instalar en Adís Abeba, onde levou a cabo duros adestramentos. Volveu a España en novembro, e a pesar de ter problemas nun fémur, correu o Maratón de Valencia e cruzou a meta como o primeiro dos atletas españois. O seu tempo de 2h07'18'' foi a cuarta mellor marca española da historia e supuxo un novo récord galego, ao rebaixar en 36 segundos o rexistro do histórico Alejandro Gómez, falecido o ano anterior.

En novembro de 2023, de novo no Maratón de Valencia, fixo historia ao bater o récord de España, sendo o primeiro atleta do país en baixar das dúas horas e seis minutos, establecendo a nova marca en 2h05'48''.

Participou nos Xogos Olímpicos de 2024, onde só puido ser 68º, cun duro percorrido con empinadas costas que completou en 2h25'50'', a máis de 19 minutos do vencedor, o etíope Tamirat Tola.

Resultados Resultados nacionais Data Competición Lugar ResultadoCategorías inferiores2012Campionato de España de atletismo sub-16 en pista cuberta, en 3000 metrosOviedo3º2013Campionato de España de atletismo sub-16 en pista cuberta, en 3000 metrosValencia 1ºCampionato de España de atletismo sub-16, en 3000 metrosGranollers2º2014Campionato de España de atletismo sub-16 en pista cuberta, en 3000 metrosValencia 3º2015Campionato de España de atletismo sub-18, en 3000 metrosCidade Real 1º2017Campionato de España de atletismo sub-20, en 5000 metrosGranollers 1º2018Campionato de España de atletismo sub-23, en 5000 metrosSoria1ºCampionato de España de atletismo sub-23, en 10000 metrosBurjassot1º2019Campionato de España de atletismo sub-23, en 5000 metrosTarragona3ºCampionato de España de atletismo sub-23, en 3000 metrosSalamanca1ºAbsoluto2019Campionato de España de medio maratónSant Cugat del Vallès2º2020Campionato de España de medio maratónPorto de Sagunto 1ª

Resultados internacionais + Data Competición Lugar ResultadoCategorías inferiores2017Campionato de Europa de atletismo sub-20, en 5000 metrosGrosseto 2ª

Maratóns Data Competición Lugar ResultadoTempo2022Maratón de MadridMadrid17º2h22'07''Maratón de ValenciaValencia 16º2h07'18''2023Campionato do MundoBudapest21º2h12'39''Maratón de ValenciaValencia11º2h05'48''2024Xogos Olímpicos de 2024París68º2h25'50''

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Datos do atleta no sitio web da Real Federación Española de Atletismo .

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Etiopía Categoría:Mediofondistas Categoría:Fondistas Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Atletas olímpicos de Galicia Categoría:Atletas olímpicos de España Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2024