O glicerol 2-fosfato é a base conxugada do éster fosfórico do glicerol. Coñécese comunmente tamén como β-glicerofosfato ou BGP. A diferenza do glicerol 1-fosfato e do glicerol 3-fosfato, este isómero non é quiral. Tamén é menos común ca eles.
Aplicacións
O β-glicerofosfato é un inhibidor do encima serina-treonina fosfatase. A miúdo úsase en combinación con outros inhibidores de fosfatases/proteases para obter un espectro máis amplo de inhibición.
O β-glicerofosfato tamén se usa para impulsar a diferenciación osteoxénica de células nais da medula ósea in vitro.
Tamén se utiliza para tamponar o medio M17 para o cultivo das bacterias Lactococcus na expresión de proteínas recombinantes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Glicerol 1-fosfato Glicerol 3-fosfato
Categoría:Organofosfatos Categoría:Ésteres do glicerol