Felisa Manzano Conde, coñecida artisticamente como Fely Manzano, nada en Ourense o 13 de maio de 1942Ficha na web Mulleres Expertas e finada o 7 de abril de 2017, foi unha actriz galega.

Traxectoria Coñecida para o gran público galego polo seu papel da señora Carme na comedia Pratos Combinados da TVG, tiña unha longa experiencia en teatro, ademais de ser actriz de dobraxe e publicidade e ter participado en multitude de curtametraxes e longametraxes.

Vida persoal Fely Manzano estivo casada co actor Antonio Lagares.

Obra Películas Urxa (Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro, 1989). A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999). Divertimento (José García Hernández, 2000). Lena (Gonzalo Tapia, 2001). O agasallo de Silvia (Dionisio Pérez, 2003). La Mari (Jesús Garay, 2003). Un franco, 14 pesetas (Carlos Iglesias Serrano, 2006).

Curtametraxes Contar (Manuel Abad, 1994). Distrito Picasso (Chema Gagino, 1994). Coruña imposible (Paco Rañal, 1995). Vídeo doméstico (Chema Gagino, 1995). Alzheimer (Álex Sampayo, 2000). A mercería (Marise Brostel, 2000). As Muxicas (Carlos Alberto Alonso Iglesias, 2002). Hermanos (Oskar Bilbao, 2004). Rosas (Mikel Fuentes, 2005). O reflexo da lembranza (Roberto Rego, 2007).

Televisión Personaxes fixos Servicio de urxencias (1989) Pratos combinados (1995 - 2006; TVG) Con perdón (1997; TVG) Fíos (2001; TVG)

Personaxes episódicos Mareas vivas (1998; TVG) El Comisario (2000; Telecinco)

Galardóns e nomeamentos Foi merecedora do Premio á mellor actriz no II Festival de Cine e Video de San Telmo (Buenos Aires, Arxentina 2004) pola curtametraxe As Muxicas. Estivo nomeada aos premios Mestre Mateo 2007 como mellor actriz secundaria polo seu papel na película Un Franco, 14 pesetas. Acadou o Premio á mellor actriz na Facultade de Comunicación de Pontevedra en xuño de 2010 pola interpretación de Carmen na curtametraxe La señora Carmen. No 2012 recibiu o premio á Mellor Actriz Protagonista no Nasicae Short Movie Festival (Italia) pola curtametraxe Dulce, de Iván Ruiz Flores.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Resultado2014Premio de Honra Fernando Rey Gañadora

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fely Manzano en AVG

Categoría:Actores de Ourense Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Premio de Honra Fernando Rey Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes