Antonio Martínez López, nado na Fonsagrada o 14 de xuño de 1942, é un mestre e político galego. Traxectoria Mestre de profesión, exerceu na Pontenova e logo, dende 1971 ate a súa xubilación, en Ribadeo. Dirixiu o Colexio Público de Ribadeo, actual CEIP Gregorio Sanz, en dous períodos. O primeiro, dende a súa posta en marcha en 1973 durante seis anos e, despois de algo máis dun curso, volveu á dirección ata que o deixou polo seu desexo dun inminente traslado ó IES Porta da Auga.
Durante un curto período foi xuíz substituto do distrito de Ribadeo, elixido entre unha terna proposta polo propio xulgado, despois de Agustín Gutiérrez. Dimitiu do cargo ó presentarse ás eleccións no ano 1979. Foi alcalde de Ribadeo como primeiro da lista da Candidatura Progresista Independiente (CPI) entre 1981 e 1983, despois de, no mesmo mandato, dous alcaldes de UCD. Non se presentou á reelección. O seu mandato coincidiu co de Leopoldo Calvo-Sotelo como presidente do goberno de España, o que aproveitou.
A candidatura de CPI contou a máis, con debuxos de Suso Peña; entre eles, a cara do primeiro da lista, Antonio Martínez.
A finais da década de 1970 foi cofundador da Asociación de veciños Ronsel á que se lle debe a existencia do nome de Alfredo Deaño no rueiro ribadense. Foi cofundador tamén do Club de remo de Ribadeo, que marcou unha época de remo en bateis en Ribadeo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadeo
Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Profesores de Galicia