KORONAS F, tamén coñecido como CORONAS F e como AUOS-SM-KF, foi un observatorio espacial ruso lanzado o 31 de xullo de 2001 mediante un foguete Tsiklon-3 desde o Cosmódromo de Plesetsk.

Características KORONAS F era un observatorio espacial adicado á observación do Sol. Tiña unha masa de 2260 kg e unha precisión de apuntado de 10 minutos de arco, podendo observar o Sol desde en ondas de radio a raios X, así como contar con detectores de partículas.

KORONAS F levaba os seguintes instrumentos a bordo:

DIFOS: un instrumento para detectar cambios na intensidade da luz en seis bandas en luz visible (350, 500, 650, 850, 1100 e 1500 nanómetros) para poder estudar o espectro dos modos normais das oscilacións sísmicas do Sol. SORS: un detector para gromos de radio no rango entre 0,1 e 30 MHz. ZENIT: un coronógrafo para estudar a coroa solar a unha distancia de ata seis radios solares no rango de lonxitudes de onda entre 750 e 850 nm. SUFR: radiómetro ultravioleta no rango entre 0,1 e 130 nm para estudar o disco completo do Sol. VUSS: estudo da intensidade do disco solar na lonxitude de onda de 121,6 nm (liña Lyman-Alfa) nunha banda de 5 nm de ancho. DIAGENESS: estudo das rexións activas do Sol nas bandas de 29,601 a 33,915, 49,807 a 53,721 e 61,126 a 67,335 nm cunha resolución temporal de entre 0,1 e 10 segundos. Tamén era capaz de monitorizar o disco solar en raios X en enerxías de entre 2 e 8 keV e entre 10 e 160 keV cunha resolución temporal dun segundo. RESIK: detector de raios X para o estudo nas bandas de 11,23 a 12,93, 12,74 a 14,42, 14,36 a 16,30, 16,53 a 20,29, 21,54 a 24,45, 24,80 a 30,43, 33,69 a 38,79, 38,21 a 43,26 e 49,60 a 60,86 nm, correspondentes ás emisións dos elementos argon, manganeso, silicio, xofre, calcio, potasio e níquel. IRIS: estudo das explosións en raios X duros no rango entre 2 e 200 keV. HELIKON: estudo dos raios X e raios gamma solares no rango de enerxías entre 10 keV e 8 MeV. Levaba dous detectores, un apuntando cara ao Sol e outro na dirección antisolar. SKL: tiña tres compoñentes, a saber, SONG (detector de raios gamma entre 0,03 e 100 MeV e de neutróns entre 3 e 100 MeV), MKL (detector de protóns entre 1 e 300 MeV, electróns entre 0,5 e 12 MeV) e SKI-3 (estudo dos elementos químicos ionizados con número atómico entre 1 e 10 no rango de entre 1,5 e 20 MeV). RES-K: espectroheliógrafo en raios X para proporcionar imaxes de alta resolución do Sol mediante as liñas de misión do ferro XXIV e ferro XXV, a lonxitudes de onda entre 18,5 e 18,7 nm, e para a liña do manganeso XII no rango entre 84,1 e 84,3 nm. RPS: espectrómetro de raios X na banda entre 3 e 30 keV. SPR-N: polarímetro de raios X para medir as emisións sincrotrón nas explosións solares no rango de enerxías entre 20e 40, 40e 60 e 60 e 100 keV.

KORONAS F foi o sucesor de KORONAS I. Reentrou na atmosfera terrestre o 6 de decembro de 2005.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Koronas Foton Koronas I Tsiklon-3

Categoría:Observatorios espaciais