Bernardino Vidarte Rivas, nado en Buenos Aires o 18 de setembro de 1910 e finado en Mondoñedo o 16 de abril de 1981, foi un ilustrador, caricaturista e debuxante galego. Traxectoria
Con sete anos instalouse en Mondoñedo. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios de Mondoñedo, e directivo da Sociedade Deportiva de Mondoñedo.Alborada, 22-12-1935, p. 12. Colaborou en Papel de Color, El Progreso, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Céltiga e Nós. Fixo caricaturas de Eduardo Lence-Santar e Álvaro Cunqueiro, e retratos de Pascual Veiga, Manuel Leiras Pulpeiro e Antonio Noriega Varela. Ilustrou a cuberta e contracuberta de De catro a catro de Manuel Antonio, a portada do poemario Fala d'as musas de Daniel Pernas Nieto, os poemas de Rimbaud, Iglesia Alvariño e Cunqueiro en Frol de Diversos e colaborou no primeiro número de Universitarios. Revista de la F.U.E.. Fixo os carteis dos maios mindonienses de 1934, pero a súa obra máis coñecida é o cartel que pedía o SI para o Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, unha estrela de cinco puntas proxectando os seus raios candentes sobre unha cadea opresora co texto “Votar o estatuto é votar porque nos gobernemos con leises galegas. Naide sabe do noso máis que nós”.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires
Categoría:Nados en 1910
Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes