Carmen García Maura, coñecida por Carmen Maura, nada en Madrid o 15 de setembro de 1945, é unha actriz española.

Traxectoria Nada no barrio de Chamberí en Madrid, é sobriña-neta do político Antonio Maura e tataraneta do gravador Bartolomé Maura.Cedillo, J. (2018). "Los Maura: una estirpe de intelectuales con espíritu independiente". En El Cultural (Elespanol.com). 13 de agosto. Na súa infancia era veciña de Edgar Neville e Conchita Montes.

Comezou a actuar no Teatro Español Universitario, onde a viu o crítico Alfredo Marquerie, que lle aconsellou que se dedicase profesionalmente á interpretación. A pesar de non contar co apoio da súa familia traballou en cafés-teatros e en pequenos papeis na televisión.

A finais dos anos setenta consegue os seus primeiros protagonistas no cinema, en filmes de Fernando Colomo. En 1977, actuando no teatro coñece a Pedro Almodóvar, co que comeza unha grande amizade e co que rodaría varios filmes. Estes filmes son os que levarán á Maura á fama nos anos oitenta.

Nos anos noventa, tras romperse a súa relación con Almodóvar, seguiu traballando con directores como Saura, ademais de comezar unha carreira internacional, especialmente en Francia, chegando a gaña un premio César en 2010.

Filmografía parcial

Calle Málaga (2026)

Nos chères têtes blondes (Charlotte Silvera,2006) Volver (Pedro Almodóvar, 2006). Premio compartido en Cannes á mellor intepretación feminina xunto con Penélope Cruz, Lola Dueñas e Blanca Portillo. Free Zone (Amos Gitai,2005). Xunto a Natalie Portman Reinas (Manuel Gómez Pereira, 2005). Con actrices como Marisa Paredes, Verónica Forqué e Mercedes Sampietro. Entre vivir y soñar (David Albacente e Alfonso Menkes, 2004) Al otro lado (2004) A promesa (2004). Xunto a Ana Fernández. 800 balas (Alex de la Iglesia, 2002) Con Sancho Gracia e Terele Pávez. Valentín (Alejandro Agresti, 2002) El palo (Eva Lesmes, 2001). Xunto a Adriana Ozores, Maribel Verdú e Malena Alterio. La comunidad (Alex de la Iglesia, 2000)(premio Goya) (concha de prata). Xunto a Emilio Gutiérrez Caba, Terele Pávez e Sancho Gracia entre outros. Lisboa (Antonio Hernández, 1999). (nomeada ó Goya). Con Sergi López Ayats e Federico Luppi. Alice y Martin (André Téchinè, 1998). Ellas (Luís Galvao Teles, 1997). Alliance cherche doigt (Jean-Pierre Mocky, 1997). Tortilla y cinema (Martin Provost, 1997). Vivir después (Carlos Galettini, 1997). Amores que matan (Juan Manuel Chumilla, 1996). Con Juanjo Puigcorbé. La alegría está en el campo (Etiane Chevaliez, 1995). El palomo cojo (Jaime de Armiñán, 1995). Pareja de tres (Antoni Verdaguer, 1995). Con Rosa María Sardá. El rey del río (Manuel Gutiérrez Aragón, 1995). Cómo ser infeliz y disfrutarlo (Enrique Urbizu, 1994). Sombras en una batalla (Mario Camus, 1993). (nomeada ó Goya). Con Tito Valverde. Louis, enfant roi (Roger Planchon, 1993). La reina anónima (Gonzalo Suárez, 1992). Con Marisa Paredes. Sur la terre comme au ciel (Marion Hänsel, 1992). película (Félix Roteta, 1991). Cómo ser mujer y no morir en el intento (Ana Belén, 1991). Con Antonio Resines. ¡Ay, Carmela! (Carlos Saura, 1990). (premio Goya) (premio Félix). Xunto a Andrés Pajáres e Gabino Diego. Bâton rouge (Rafael Moleón, 1999). Con Victoria Abril e Antonio Banderas. Mujeres al borde de un ataque de nervios (Pedro Almodóvar, 1988). (premio Goya) (premio Félix). Con Antonio Banderas, Julieta Serrano e María Barranco entre outros. 2.30 A.M. (1988). La ley del deseo (Pedro Almodóvar, 1987). Con Eusebio Poncela e Antonio Banderas. Tata mía (José Luis Borau, 1986). Con Imperio Argentina, Alfredo Landa e Miguel Rellán. Delirios de amor (Cristina Andreu, Luis Eduardo Aute, Antonio González Vigil e Félix Rotaeta, 1986). Matador (Pedro Almodóvar, 1986). Con Assumpta Serna e Antonio Banderas entre outros. Sé infiel y no mires con quién (Fernando Trueba, 1985). Con Ana Belén, Santiago Ramos, Antonio Resines, Verónica Forqué e Chus Lampreave entre outros. Extramuros (Miguel Picazo, 1985). ¿Qué he hecho yo para merecer esto? (Pedro Almodóvar, 1984). Con Ángel de Andrés López, Kiti Manver e Chus Lampreave. Sal gorda (Fernando Trueba, 1984). El Cid cabreador (Angelino Fons, 1983). Entre tinieblas (Pedro Almodóvar, 1983). Con Marisa Paredes, Chus Lampreave e Julieta Serrano. Femenino singular (Juanjo López, 1982). Gary Cooper, que estás en los cielos (Pilar Miró, 1980). Con Mercedes Sampietro. El hombre de moda (Fernando Méndez Leite, 1980). Los ojos vendados (Carlos Saura, 1978). De fresa, limón y menta (Miguel Ángel Díez, 1978). Folle... folle... fólleme Tim! (Pedro Almodóvar, 1978). Mi blanca Varsovia (Javier Quintana, 1978). ¿Qué hace una chica cómo tú en un sitio como éste? (Fernando Colomo, 1978). Menos mi madre y mi hermana (Jaime Villate, 1978). Tigres de papel (Fernando Colomo, 1977). El libro de buen amor II (Jaime Bayarri, 1976). La mujer es cosa de hombres (Jesús Yagüe, 1976). Una pareja como las demás (Miguel Ángel Díez, 1976). Ir por lana (Miguel Ángel Díez, 1976). Pomporrutas imperiales (Fernando Colomo, 1976). La petición (Pilar Miró, 1976). Leonor (Juan Luis Buñuel, 1975). El love feroz (José Luis García Sánchez, 1975). La encadenada (Manuel Mur Oti, 1975). VIda íntima de un seductor cínico (Javier Aguirre, 1975). Don Juan (Antonio Mercero, 1974). Tanata (Luis Mamerto López-Tapia, 1974). Un casto varón español (Jaime de Armiñán, 1973). El asesino está entre los trece (Javier Aguirre, 1973). El hombre oculto (Alfonso Ungría, 1971). Mantis (Luis Mamerto López-Tapia, 1971). El espíritu (Juan Tamariz, 1969).

Televisión Mentir un peu (2004). Arroz y Tartana (2003). Con José Sancho e Eloy Azorín. Une mère en colère (2000). Famosos y familia (1999). A las once en casa (1998). Con Antonio Resines e Ana García Obregón. Encantados de conocerte (1992) de Fernando García Tola. Mieux vaut courir (1989). La mujer de tu vida: La mujer feliz (1988). La huella del crimen: El crimen de la calle Fuencarral (1984). Esta noche (Fernando García Tola, 1981). El coleccionismo y los coleccionistas (1979). Suspiros de España (1974). Juan y Manuela (1974). Las aventuras de Mateo (1972).

Galardóns e nomeamentos Festival de Cannes Premio á mellor interpretación feminina (en conxunto co resto de actrices de Volver'') (2006) Premios Goya Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista (1988, 1990, 2000) Premio Goya á mellor actriz secundaria (2007) Candidata ó Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista (1993, 1999). Festival de Cine de San Sebastián. Concha de Prata á mellor actriz (2000). Premios da Academia de Cine Europea. Mellor actriz (1988, 1990). Premios César Candidata ó premio de mellor actriz secundaria (1994). Fotogramas de Plata Mellor actriz de cine (1986, 1987, 1988, 1990, 2000) Candidata ó premio de mellor actriz de cine (1992, 1993). Mellor actriz de televisión (1998). Candidata ó premio de mellor actriz de televisión (1998). Premios Ondas Nacionais de Televisión (1981) Premios de la Unión de Actores Mellor actriz protagonista de cine (2000) Candidata aó premio de mellor actriz protagonista de televisión(1999) TP de Oro Personaxe máis popular (1981)

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2008Mellor actrizO menor dos malesNomeada

Véxase tamén Ligazóns externas IMDb

Maura Categoría:Nados en Madrid Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes