A Lycaena phlaeas é unha bolboreta diúrna do xénero Lycaena e da familia Lycaenidae.
Distribución e hábitat Ten unha ampla distribución nas zonas tépedas de Eurasia, África norteñas e ao leste de Norteamérica (onde é unha especie introducida). Atópase en hábitats variados, sendo máis común en lugares de vexetación baixa, como prados e campos abertos, páramos, e aos bordos dos camiños de campo. Tamén aparece ocasionalmente en bosques. Na zona do Mediterráneo os adultos están de febreiro a outubro.
Liban as flores de Scabiosa columbaria unha planta moi común nos prados. Os machos son territoriais e afastan a outras bolboretas, aínda máis grandes, do seu territorio.
Bioloxía É unha bolboreta pequena, cunha envergadura de 22 a 27 mm. As ás son de cor alaranxada e negra. Na cara superior a coloración é moi vistosa pero a inferior é de cores máis suaves.
A eiruga desta especie mide 15 mm de lonxitude máxima. Normalmente as eirugas son de cor verde, pero algúns exemplares teñen unha coloración marrón avermellada. Aliméntanse das follas de diferentes especies de plantas do xénero Rumex como, por exemplo, a aceda.
Hai dúas ou tres xeracións por ano e ás veces até catro nas zonas tépedas. Pasan o inverno como eirugas.
Véxase tamén Bibliografía Asher, Jim, Martin Warren, Richard Fox, Paul Harding, Gaile Jeffcoate & Stephen Jeffcoate (Eds) (2001) The Millennium Atlas of Butterflies in Britain and Ireland. Oxford University Press.
Dempster, J.P. & A.M. Emmet (1990) Lycaena phlaeas (Linnaeus). Pp. 134–139 in A. Maitland Emmet, John Heath et al. The Butterflies of Great Britain and Ireland. The Moths and Butterflies of Great Britain and Ireland vol. 7, part 1. Harley Books, Colchester, UK.
Guppy, C.S. e Shepard, J. (2001) Butterflies of British Columbia British Columbia Museum, Canadá.
Tomlinson, David & Rob Still (2002) Britain's Butterflies. WildGuides, Old Basing, UK.
Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Lepidópteros Categoría:Animais descritos en 1761