A Lasiommata megera é unha especie de lepidóptero da familia Nymphalidae, subfamilia Satyrinae. Está estendida por toda a rexión paleártica cunha variedade grande de hábitats e de número de xeracións por ano. Envergadura: 36–50 milímetros.

Descrición O anverso das súas ás é alaranxado (pode ter variacións en azul) cun característico reticulado escuro. Na á superior loce un ocelo apical de gran tamaño, e na posterior, pequenos ocelos de pupila branca nas veas lonxitudinais S1c, S2, S3 e S4. O reverso da á posterior é agrisado, cunha serie de puntos posdiscais. Os machos presentan un marcado androconio.

Pode confundirse con Lasiommata maera, unha bolboreta algo maior e coa zona laranxa do anverso da á posterior reducida a unha banda posdiscal rodeando os ocelos. Tamén pode confundirse con Lasiommata petropolitana, coas zonas basais e discais de ambas as ás escuras.

Área de distribución África do norte, Europa, Cáucaso, Asia Menor, Oriente Medio, oeste de Siberia, norte de Tian-Shan, montañas de Zungaria, Casaquistán e Zungaria.

Hábitats Os hábitats inclúen lindes de bosques e claros, camiños, zonas arbustivas en barrancos e vales de río, así como bosques pouco espesos. Tamén se atopa en hábitats montañosos até 3.000 metros.

Ciclo vital dereita|miniatura|Ovo, larva e pupa. Os exemplares adultos, en estadio imago, voan entre marzo e abril até agosto, aínda que non é raro atopalas tamén até ben entrado outubro, en dúas ou tres xeracións dependendo da localidade e a altitude. A larva aliméntase de herbas dos xéneros Festuca, Bromus, Deschampsia, Poa annua, Dactylis glomerata e Brachypodium.

O ovo é verde pálido ó acabar de ser posto, e a súa forma é case esférica, aínda que máis alto que ancho; está finamente acanalado e reticulado, pero se non é examinado a través dunha lente aparenta ser bastante liso.

A eiruga unha vez desenvolvida é  esbrancuxada-verdosa, salpicada con puntos brancos. Do máis grande destes puntos da parte posterior xórdenlle celas de cor agrisada; as tres liñas da parte posterior (dorsal e sub-dorsal) son esbrancuxadas, con fíos verde escuros; a liña nos lados (espiraculares) é branca, con franxas de pelos grises; puntos anais verdes, peludos, con pelos de puntas extremas brancas. Cabeza máis grande que o primeiro anel (primeiro segmento torácico), verde salpicado de branco e peludo, mandíbulas marcadas de cor marrón. Aliméntase de herba.

A crisálide é verde, con marcas brancas-amarelas tinguidas no bordo das cubertas das ás e os cantos; as manchas no corpo son de cor amarelada, ou, ás veces branca. De cando en vez as crisálides son denegridas, con puntos brancos ou amarelos no corpo.

Subespecies L. m. megera L. m. vividissima L. m. megerina (Herrich-Schäffer, 1856) - Transcaucasia L. m. transcaspica (Staudinger, 1901) - Turkmenia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lasiommata megera en Bolboretas e Polillas Europeas. Lasiommata megera en Bolboretas de Francia (en inglés).

Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1767