A Melanargia occitanica é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae. Esténdese polo suroeste de Europa e noroeste de África.Tolman
Distribución Existen tres subespecies que habitan illadamente:
Melanargia occitanica occitanica: atópase no norte e centro de Portugal, en España (moi local) exceptuando o noroeste e suroeste (aínda que se mantén unha poboación ao sur de Huelva), en Francia dende o leste dos Pireneos até Ardèche e Provenza e nos Alpes Marítimos de Italia. Voa entre o nivel do mar e os 1500 m.Tolman Melanargia occitanica pelagia: voa en Marrocos (Gran Atlas e Atlas Mediano) e oeste de Alxeria, entre os 500 m e os 2000 m. Melanargia occitanica pherusa: exclusivamente norteño-oeste de Sicilia.
Descrición
Imago A súa envergadura está entre 40 e 48 mm. Destaca por ser branca con manchas negras distribuídas por todas as ás. Presenta ocelos nas ás posteriores con pupila azul (máis visibles no anverso, onde se mostran 6) e un par máis pequenos en ápice do reverso das anteriores. Diferénciase do resto de especies do xénero sobre todo pola súa venación marrón ao dorso das ás e tamén porque a liña marrón lonxitudinal curvada a s1b está unida en ambos os extremos a v1b. http://www.asturnatura.com/especie/melanargia-occitanica.html Melanargia occitanica http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Melanargia-occitanica-(Esper-1793)-cat5963.2.html Melanargia occitanica Imaxes http://www.pyrgus.de/Melanargia_occitanica_en.html Melanargia occitanica
Larva Eiruga verde ou ocre cuberta dunha curta e fina pilosidade pouco densa, con tres franxas máis escuras, as dos lados acabadas cada unha cunha pequena cola escura. Mostra actividade nocturna.
Hábitat Áreas herbosas, rochosas, cálidas e secas. A eiruga aliméntase de varias gramíneas tales como Brachypodium pinnatum, Brachypodium retusum, Dactylis glomerata, Lygeum spartum, Stipa lagascae, Stipa offneri...Tolman
Período de voo Univoltina, unha xeración ao ano entre abril e xuño en Europa e entre maio e xuño en África. Hiberna como eiruga entre a vexetación da terra.Tolman
Especies ibéricas similares Melanargia lachesis Melanargia galathea Melanargia ines Melanargia russiae
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Asturnatura Biodiversidad Virtual Granada Natural Mariposas del Bergadá (catalán) Moths and butterflies of Europe and North Africa (inglés)
Categoría:Lepidópteros de África Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia