Samuel de Ani ou Samuel Anetsi (en armenio, Սամվէլ Անեցի), nado ao redor de 1100 e finado ao redor de 1180, foi un historiador, cronista e relixioso armenio do século XII.

Traxectoria Samuel naceu probablemente en Ani, a antiga capital dos bagrátidas, arredor de 1100. Este cronista, do que se sabe pouco, estudou con Gevorg Vardapet, e despois foi discípulo de Hovhannes Imastaser. Foi un sacerdote e, posteriormente, reitor da catedral de Ani.

Morreu arredor de 1180.

Obra Samuel é coñecido pola súa obra "Հավաքմունք ի գրոց պատմագրաց" (en galego, Colección de libros históricos), tamén coñecida como Cronoloxía de Samuel Anetsi. É unha obra na que foi o primeiro autor armenio en utilizar a cronografía: preséntanse os acontecementos desde a creación do mundo até a década dos 60 do século XII (o ano 626 da era armenia: o 5 de febreiro de 1177 ou 6 de febreiro de 1178), en forma de táboas e entradas cronolóxicas. Posteriormente, foi continuada por unha persoa anónima ata o ano 789 da época armenia (27 de decembro de 1339 - 25 de decembro de 1340),ARIBL 1869-1906, p. 445-446 e outros autores a continuaron até 1665.miniatura|Páxina do manuscrito de "Seleccións de libros históricos" de Samuel Anetsi (1626). Samuel Anetsi, foi un deses historiadores excepcionais da Idade Media que xunto co ensaio, dá listas coas datas de diferentes sistemas cronolóxicos, menciona as fontes empregadas e trata de aclarar a cronoloxía dos acontecementos históricos, dinastías, gobernantes e katholikós. Así, baseouse en autores anteriores e continuou os traballos doutros como Eusebio de Cesarea. Adoitaba opoñerse a elas, presentando os acontecementos na súa propia imaxinación, o que aumenta o valor histórico dos dous. Os acontecementos do século XIII, escritos por Samuel Anetsi como testemuña ocular, son unha fonte importante para o estudo da historia de Armenia e da Armenia Cilicia daquel período. Tamén hai materiais valiosos sobre países e pobos veciños. A pesar do seu pequeno tamaño, a Cronoloxía de Anetsi considérase unha fonte moi importante e fiable. Así, en opinión da Penny Cyclopaedia: "Samuel de Ani escribiu unha obra cronolóxica concisa pero precisa, que se estende dende Adán até o pontificado de Gregorio Vikayaser".

A obra foi traducida ao latín e publicada xunto co orixinal en 1818 en Milán. Por primeira vez, publicouse unha edición completa con comentarios e análises en 1893 en Vagharshapat; posteriormente, unha edición máis completa baseada na análise duns 70 manuscritos foi publicada en Iereván en 2014. Tamén hai unha tradución ao francés.

Ademais da "Cronoloxía", Samuel Anetsi tamén escribiu a obra "Մեկնութիւն տոմարի" (en galego: Interpretación do calendario) a petición de Stepannos Imastaser. A obra consta de dúas partes: nunha primeira parte, Anetsi compara o calendario armenio co romano; na segunda parte, o autor aborda cuestións cosmolóxicas e meteorolóxicas e trata de dar explicacións científicas a fenómenos como o arco da vella, un cometa con cola, caída de estrelas, raios, tronos, choiva, orballo, néboa, etc. Esta obra expresa claramente a influencia de Anania Shirakatsi. O manuscrito máis antigo que se conserva de "Մեկնութիւն տոմարի", data de 1373.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Colección de libros históricos, de Samuel de Ani

Categoría:Personalidades de Armenia Categoría:Nados no século XII Categoría:Finados no século XII