A lingua huetar é unha lingua morta da familia chibcha que foi falada outrora polo pobo huetar no que hoxe é Costa Rica. Serviu como lingua franca para os pobos prehispánicos do centro de Costa Rica, e extinguiuse no século XVII. Só se coñecen algunhas palabras da lingua, conservadas principalmente nos nomes de varios lugares costarriqueños, como Aserrí, Barva, Curridabat, Turrialba, Tucurrique e Ujarrás.

Os principais estudos sobre a lingua son obra do filólogo costarriqueño Miguel Ángel Quesada Pacheco.

Véxase tamén

Bibliografía Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian, eds. (2016). ["Huetar" https://web.archive.org/web/20160822145407/http://glottolog.org/resource/languoid/id/huet1235]. Glottolog 2.7. Jena: Max Planck Institute for the Science of Human History.

Categoría:Linguas chibchas Categoría:Linguas de Costa Rica Categoría:Linguas mortas de América do Norte