Santiago de Castroncelos é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo que pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o INE, en 2025 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 149 habitantes. En 1991 tiña 247 habitantes.

Limita ao norte coas parroquias da Pobra do Brollón e Lamaigrexa, ao oeste con Cereixa, ao leste con Salcedo e ao sur con Abrence.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.

Patrimonio Igrexa de Santiago, data de época medieval, sufrindo varias reformas posteriores. Conta cunha torre cadrada, con muros de lousa, e catro vans enmarcados por arcos. Capela de Facendas, en Piñeiros. Casa do Mesón.

Festividades As festas de Castroncelos celébranse na honra a Santiago Apóstolo, patrón da parroquia, o día 25 de xullo.

Lugares e parroquias Lugares de Castroncelos

Parroquias da Pobra do Brollón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón

Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía