El Ejército Español foi un xornal publicado en Madrid de 1888 a 1928.

Historia O xornal, aparecido en 1888, publicou o seu primeiro número o 2 de xaneiro dese ano.Pizarroso Quintero, 2001, p. 314. Publicabáse diariamente, agás domingos e festivos. De ideoloxía ultraconservadora​,Navajas Zubeldia, 2001, pp. 74-75 foi nos seus primeiros tempos un órgano de expresión para aqueles sectores do exército que apoiaron as reformas propugnadas polo xeneral Manuel Cassola.​Núñez Florencio, 1990, p. 99

Cando se produciron os feitos do Cu-Cut, xunto co xornal La Correspondencia Militar, fixo campaña en Madrid para reaccionar contra o nacionalismo catalán.Payne (1968), p. 80

Tamén tivo frecuentes polémicas con La Correspondencia Militar,Desvois, 2001, p. 236 outro xornal militar co que chegou a manter a competencia aberta, entre outros temas, porque La Correspondencia Militar defendía á constitución das Xuntas de Defensa, en 1917, mentres El Ejército Español, era abertamente oposto.

En novembro de 1928, fusionouse con La Correspondencia Militar, e este se converteu en voceiro do sector máis ultraconservador.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Madrid Categoría:Xornais de España desaparecidos