miniatura|Sección diagramática da mucosa uterina: A. Útero non xestante. B. Decidua parietal; a mucosa no útero xestante nunha zona non baixo a placenta. miniatura|Sección do útero grávido no terceiro e cuarto meses. A decidua é o recubrimento mucoso modificado do interior do útero, é dicir, o endometrio modificado por influencia hormonal, que se forma cada mes, en preparación para un posible embarazo. Despréndese cada mes cando non hai ningún óvulo fecundado que soportar. A decidua está baixo a influencia da proxesterona. As células endometriais adquiren cando se forma a decidua características moi distintivas e denomínanse células deciduais. A decidua forma a parte materna da placenta e permanece durante todo o embarao. Despois do nacemento a decidua despréndese xunto coa placenta. A palabra decidua procede do latín deciduus, 'que se desprende'.
Estrutura
A parte da decidua que interacciona co trofoblasto é a decidua basal (tamén chamada decidua placentaria), mentres que a decidua capsular crece sobre o embrión no lado luminal, encerrándoo no endometrio. O resto da decidua denomínase decidua parietal ou decidua verdadeira, e fusiónase coa decidua capsular no cuarto mes de xestación.
A decidua basal consta de tres capas morfoloxicamente distintas, que son: Capa compacta externa (estrato compacto) Capa intermedia (estrato esponxoso) Capa límite adxacente ao miometrio (estrato basal) Dentro da decidua fórmanse depósitos fibrinoides ocasionais onde o sincitiotrofoblasto está danado. A rexión de deposición fibrinoide onde o trofoblasto se encontra coa porción compacta da decidua basal denomínase capa de Rohr, mentres que os depósitos fibrinoides que aparecen entre as capas compacta e esponxosa da decidua basal chámanse capa de Nitabuch (por Raissa Nitabuch). Esta capa está ausente na placenta accreta. miniatura|Micrografía do endometrio decidualizado debido á proxesterona exóxena. Tinguidura de hematoxilina-eosina. A decidua ten unha aparencia histolóxica característica, mostrando grandes células deciduais poligonais no estroma. Estas células estromáticas agrandadas lembran un epitelio e denomínanse "epitelioides".
A decidualización comprende o proceso de diferenciación dos fibroblastos estromáticos fusiformes en células deciduais redondeadas, que crean unha matriz extracelular pericelular rica en fibronectina e laminina (similares ás células epiteliais).
A vascularidade e a permeabilidade vascular aumentan coa decidualización do endometrio.
A súa poboación de leucocitos é característica, con presenza predominante de grandes leucocitos granulares endometriais, mentres que os leucocitos polimorfonucleares e as células B son escasos. Os grandes linfocitos granulares (con CD56) denomínanse células asasinas naturais uterinas (células uNK).
Desenvolvemento
Despois da ovulación en mamíferos placentarios, o recubrimento endometrial uterino hipertrófiase e vascularízase baixo a influencia das hormonas sexuais estróxenos e proxesterona.
En animais con placentación hemocorial o endometrio sofre decidualización despois da implantación. Se a implantación non ocorre, a cobertura secretora do útero será absorbida (ciclo estral) ou desprendida (ciclo menstrual).
En humanos a decidua despréndese coa placenta pouco despois do parto.
Función
Como é a interface materna co embrión, a decidua participa nos intercambios de nutrientes, gases e residuos co conceptus. Tamén protexe o conceptus do sistema inmunitario materno. Ademais, a decidua debe permitir a invasión moi controlada do trofoblasto.
Nos trastornos placentarios invasivos como na placenta accreta obsérvase consistentemente que a decidualización é deficiente.
Produción de hormonas A decidua segrega hormonas, factores de crecemento e citocinas. Ten receptores para estróxenos, proxesterona, hormona do crecemento e outras.
Entre estes produtos están hormonas comunmente asociadas con outros órganos como o cortisol, CRF, GnRH, prolactina e relaxina. A prolactina decidual non está baixo control dopaminérxico.
A proteína que se une ao factor de crecemento similar á insulina 1 (IGFBP1), tamén chamada proteína placentaria 12 e PAEP (glicodelina) parecen ser produtos específicos do recubrimento secretor e decidual.
Outros factores liberados son a interleucina-15 e o factor de crecemento endotelial vascular (VEGF). Aínda non se conseguiu elaborar unha explicación completa do papel e interaccións destas hormonas e factores.
Outros miniatura|Micrografía da decidua nun ganglio linfático. Tinguidura de hematoxilina-eosina. En caso dun embarazo ectópico, o endometrio tamén se decidualiza. Unha muller pode desprenderse do recubrimento uterino en forma de molde decidual, o cal pode ser confundido cun aborto natural, cando, en realidade, o embrazo ectópico aínda persiste. Pode observarse unha reacción decidual nos tecidos do peritoneo e ovario durante o embarazo, e isto representa unha resposta do tecido estromático á proxesterona. A decidua formada nun ganglio linfático pode imitar un carcinoma metastático.
Importancia clínica Unha infección de longa duración da decidua (deciduíte crónica) está asociada co nacemento prematuro.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns exterans
Categoría:Aparato reprodutor feminino Categoría:Obstetricia