O Kiekko-Espoo é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo, Finlandia. O equipo foi fundado en 1984 e xoga os seus partidos como local no Espoo Metro Areena, un estadio con capacidade para 6 982 persoas. Dende a tempada 2024-25 xoga na Liiga, a liga máis importante do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia.

Equipo feminino

No club destaca o seu equipo feminino, denominado Kiekko-Espoo Naiset, ou simplemente Kiekko-Espoo ou K-Espoo, que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tapiolan urheilupuisto.

Fundado en 1988, é o equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a década de 2000. En total, o equipo conquistou o campionato quince veces, sendo a última vez que alzou a Aurora Borealis Malja en 2022.

Trofeos colectivos Mestis A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo tres veces: 2023 1 medalla de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2022 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2024

Suomen Cup Campión: 2022 Subcampión: 2021

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Kiekko-Espoo