Santiago de Chile, oficialmente Santiago, é a capital da República de Chile. Foi fundada por Pedro de Valdivia o 12 de febreiro de 1541 co nome de Santiago de la Nueva Extremadura. O seu xentilicio é "santiaguino, -ina".

A cidade de Santiago comprende a conurbación de Gran Santiago, composta por 34 comunas. Non existe un goberno metropolitano para a cidade. Cada comuna encárgase das funcións administrativas, tributarias e reguladoras correspondentes, así como da administración dos servizos de saúde e educación.

A poboación de Santiago segundo o Censo de 2002 é de 6,4 millóns de habitantes na súa área metropolitana. É a cidade máis poboada de Chile, o que resultou nunha medra sen planificación que ademais absorbeu parte dos mellores terreos de cultivo da zona centro do país.

Demografía miniatura|Evolución da poboación de Santiago de Chile entre 1860 e2020. miniatura|Alameda del Libertador Bernardo O'Higgins, principal arteria da capital chilena. Santiago de Chile ten unha poboación que, segundo o Instituto Nacional de Estatísticas de Chile no ano 2003 chegaba ós 6.269.629 habitantes. A poboación da cidade sufriu un gran crecemento ao longo do século XX: en 1907 a cidade tiña 383.587 habitantes; 1.010.102 en 1940, 2.009.118 en 1960 e 3.899.619 no ano 1982.

Santiago experimentou durante o século XX un grande aumento demográfico sendo determinante a súa condición de capital. Absorbeu sucesivamente a migración proveniente dos campamentos mineiros do norte de Chile durante a crise económica dos anos 1930; e na década dos 40, a constante chegada de poboación desde os asentamentos rurais.

Nun primeiro momento esta poboación tivo que asentarse nos coñecidos como cités, lugares de vivendas comunitarias preferentemente situadas nas zonas próximas ao centro da cidade. As posteriores inmigracións provocaron o nacemento de poboacións callampas e tomas de terreos para o florecemento dos campamentos. Durante os últimos anos foron desaparecendo en gran medida, grazas á axuda do goberno e institucións solidarias como Un Techo para Chile, sendo substituídos por vivendas sociais nas comunas da periferia.

As clases acomodadas que tradicionalmente habitaran as rúas céntricas (Toesca, Av. Brasil, República, París, Londres etc) comezaron a migraren a partir dos anos 1930 cara ao sector oriental da capital, conformándose no lado nororiental o chamado Barrio Alto (ou zona oriente), con características de cidade xardín, primeiro nas comunas de Providencia e Ñuñoa, logo nas actuais comunas de Las Condes e Vitacura, e actualmente no sector de La Dehesa, comuna de Lo Barnechea.

Porén, nos últimos anos houbo un lento proceso de emigración cara a terreos máis rurais, como El Arrayán e Chicureo na zona nororiente, Lonquén na zona surponiente e Pirque na zona suroriente, debido á parcelación dos campos e aos novos condominios exclusivos.

Pero o groso da poboación pertence á clase media, a cal comezou a nacer durante o século XX. Actualmente domina os sectores periféricos e centrais da cidade, grazas ao nacemento dos barrios construídos en comunas como La Florida, Maipú e Puente Alto (as comunas máis poboadas do país na actualidade, superando os 400 mil, 500 mil e 600 mil habitantes respectivamente), e en departamentos nas zonas centrais grazas ao subsidio de renovación urbana, nas comunas de Santiago e San Miguel. O acceso ao consumo e crédito máis os beneficios estatais ao sector inmobiliario permitiron un explosivo boom da construción en todas as comunas mencionadas anteriormente.

Cidades irmás

A cidade de Santiago firmou diversos protocolos de irmandamento, dentro das cales atópanse:

Ankara, Turquía (2000) Buenos Aires, Arxentina (1992) Guayaquil, Ecuador 20px Hefei, República Popular da China (2007) 20px Kíiv, Ucraína (1998) Madrid, España (1991) 20px Miami, Estados Unidos 20px Minneapolis, Estados Unidos (1961) París, Francia (1997, "pacto de amistad") 20px Pequín, República Popular da China (2007) Plasencia, España (2007) Riga, Letonia São Paulo, Brasil (1998) Santiago de Querétaro, México (2008)

Ademais, Santiago pertencen á rede de Mercocidades, firmada por 180 urbes dos países membros do Mercosur, e da Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas (UCCI), protocolo asinado por tódalas cidades capitais de Iberoamérica máis Barcelona e Río de Xaneiro.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Santiago de Compostela Gran Torre Santiago

Ligazóns externas Páxina web de Santiago de Chile Municipio de Santiago Corporación para el Desarrollo de Santiago Teatro Municipal de Santiago Bolsa de Comercio de Santiago Barrio Universitario de Santiago

Categoría:Cidades de Chile Categoría:Capitais de América