Alberto Blanco Vila coñecido como Alberto Blanco, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de xaneiro de 1970, é un adestrador galego de baloncesto. É o fundador do recoñecido torneo de baloncesto base Vilagarcía Basket Cup.
Traxectoria Despois dunha traxectoria como xogador no baloncesto base e sénior, en equipos como o Liceo Marítimo e o CB Dorna, Blanco comezou a súa andaina no banco en 1998 como adestrador do equipo cadete do Liceo e logo adestraría a distintos equipos galegos como o Club Baloncesto Peixefresco Marín (EBA), o Club Xuventude Baloncesto (1ª Div. Autonómica) e o Arranz Burgos (Liga Feminina). En 2006 e 2007 foi o adestrador da selección de baloncesto de Mozambique; coa selección feminina gañou o ouro nos Xogos da Lusofonía de Macau 2006. Posteriormente, formou parte do equipo técnico do Unicaja de Málaga.Es una sensación fantástica
No verán de 2009 foi nomeado director deportivo do Obradoiro CAB da ACB, con Curro Segura como adestrador.
No verán de 2015 incorporouse á disciplina do BC Rytas da Lietuvos Krepšinio Lyga como asistente do técnico arxentino Marcelo Nicola. Na tempada 2017-2018 asinou un novo contrato co club lituano para ser asistente de Rimas Kurtinaitis, compaxinando ese posto co de captador de talentos no organigrama do Lietuvos Rytas baixo a dirección do ex xogador da NBA Linas Kleiza.Alberto Blanco regresa al Lietuvos Rytas como ayudante de Kurtinaitis Na tempada 2018-2019 continuou no club lituano.Alberto Blanco se consolida en la élite del básket lituano
Na tempada 2019-20, fichou como axudante de Carles Marco no Chocolates Trapa Palencia da LEB Ouro,elnortedecastilla.es Alberto Blanco, nuevo entrenador ayudante del Palencia Baloncesto, consultado en junio de 2019 ademais de ser adestrador axudante de Zan Tabak na selección de Eslovaquia.
Na tempada 2020-21 ficha como adestrador no BK Inter Bratislava e director técnico das seleccións de formación eslovacas.
Na tempada 2021-22 dirixiu o filial do Lokomotiv Kuban.
Na tempada 2022-23 fichou como director xeral do Cáceres Ciudad del Baloncesto da LEB Ouro,hoy.es Alberto Blanco, nuevo director general del Cáceres, consultado en julio de 2022 renovando o cargo na tempada 2023-2024 e permanecendo no posto até o 22 de xaneiro, data na que se anunciou a rescisión do seu contrato.
Clubs
Categorías inferiores do Liceo Marítimo Club Baloncesto Peixefresco Marín. Liga EBA Club Baloncesto Xuventude. Primeira Nacional Arranz Burgos (Liga Feminina) 2006-2007 Adestrador da selección de baloncesto de Mozambique 2007-2009 Unicaja de Málaga. adestrador asistente 2009-2010 Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto . director deportivo 2015-2019 Lietuvos Rytas. Adestrador axudante de Marcelo Nicola e Rimas Kurtinaitis Baloncesto Palencia 2019-2020. Liga Ouro LEB. Adestrador axudante de Carles Marco Selección de Eslovaquia 2019-2021. Adestrador asistente de Zan Tabak 2020-2021 BK Inter Bratislava. Slovenská Basketbalová Liga. Adestrador 2021-2022 Lokomotiv Kuban II. Adestrador 2022-2024 Cáceres Cidade do Baloncesto. Liga Ouro LEB. director deportivo
Familia É irmán do actor Carlos Blanco Vila, e tío do ex xogador da Liga LEB Nacho Rebollo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Chechu Mulero e Alberto Blanco, primeiros relatores no 'clinic' do IES Bouza Brey (LVG) O español Alberto Blanco adestrará a Mozambique (Diario de León, en castelán)
Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Seleccionadores de baloncesto