O Minnesota Frost é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Saint Paul, Minnesota (Estados Unidos). É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). Minnesota xoga os seus partidos como local no Grand Casino Arena de Saint Paul.
Historia O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Minnesota. O 1 de setembro a liga anunciou que Natalie Darwitz, antiga capitá da selección estadouindense, sería a directora xeral do equipo. O 15 de setembro anunciouse que o antigo adestrador dos equipos feminino e masculino da Universidade de Bethel, Charlie Burggraf, sería o primeiro adestrador do equipo. Con todo, o 27 de decembro anunciouse que Burggraf deixaría o cargo de adestrador xefe do equipo, e sería substituído polo antigo seleccionador dos Estados Unidos Ken Klee.
Identidade do equipo Coma o resto das franquías fundadoras da PWHL, Minnesota operou sen unha marca propia distintiva durante a tempada inaugural da liga. O equipo empregou un modelo de camisola similar ao empregada por todos os equipos e que amosaba o nome da cidade (neste caso do estado) en diagonal na parte dianteira, e era coñecido como PWHL Minnesota. O equipo tiña a súa propia paleta de cores co violeta e o negro. En outubro de 2023 a liga rexistrou a marca rexistrada para o nome Minnesota Superior, en referencia ao lago Superior. As cores e as camisolas do novo equipo reveláronse oficialmente o 14 de novembro de 2023, escolléndose as cores violeta, negro e branco.
Finalmente, a franquía de Minnesota foi nomeada Minnesota Frost cando a PWHL desvelou os nomes das franquías en setembro de 2024. O nome Frost fai referencia ao "profundo amor polo xeo" do estado do hóckey. The Hockey News informou de que outros nomes en disputa para Minnesota foran Marmots (que foi finalista e que tería convertido o equipo no único da liga co nome dun animal) e Monarchs. Ademais do nome, a liga revelou o logotipo do equipo, a inicial F con carambelos; o equipo mantivo as súas cores.
Pavillón Datos de asistencia
Datos de asistencia ao Grand Casino Arena Ano Asistencia media 2023-24 7 138 2024-25 6 248 2025-26 8 143
Personalidades Xogadoras Capitás miniatura|250px|Kendall Coyne Schofield, capitá de Minnesota dende a súa creación. Pouco antes do primeiro partido da historia da franquía, en xaneiro de 2024, o daquela PWHL Minnesota anunciou que Kendall Coyne Schofield sería a primeira capitá na historia do equipo, e que Kelly Pannek e Lee Stecklein serían as capitás asistentes na primeira tempada.
Capitás do Minnesota Frost Nome(s) Período Kendall Coyne Schofield 2023-
Eleccións na primeira rolda do draft
miniatura|225px|Taylor Heise, seleccionada polo PWHL Minnesota en 2023, foi primeira xogadora seleccionada no primeiro posto do draft da PWHL. Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras. Minnesota escolleu na primeira posición no draft inaugural en 2023 a Taylor Heise.
Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2023 Taylor Heise 1º Minnesota Golden Gophers (WCHA) 2024 Claire Thompson 3º non xogou 2025 Kendall Cooper 6º Quinnipiac (ECAC) 2026 Sara Swiderski 9º Ohio State (NCAA)
Adestradores miniatura|250px|Ken Klee adestrador do equipo dende decembro de 2023. Con el Minnesota gañou dúas veces a Walter Cup en 2024 e 2025. Se ben o 15 de setembro de 2023 anunciouse que o primeiro adestrador de Minnesota sería Charlie Burggraf, o 27 de decembro anunciouse que Burggraf renunciara ao posto e que o antigo seleccionador estadounidense Ken Klee sería o adestrador do equipo. Con Klee o equipo gañou a Walter Cup nas dúas primeiras tempadas da liga.
Adestradores do Minnesota Frost Nome(s) Período Charlie Burggraf 2023 Ken Klee 2023-
Directoras xerais Poucos días despois do anuncio da creación da franquía, o 1 de setembro a liga anunciou que a antiga capitá da selección estadounidense Natalie Darwitz sería a directora xeral da franquía. Con todo, Darwitz deixou o PWHL Minnesota en xuño de 2024, pouco despois de que o equipo gañara o seu primeiro campionato. En setembro dese mesmo ano a franquía contratou a Melissa Caruso como a súa nova directora xeral.
Directoras Xerais do Minnesota Frost Nome(s) Período Natalie Darwitz 2023-2024 Melissa Caruso 2024-
Palmarés
Trofeos colectivos Professional Women's Hockey League A Walter Cup (Copa Walter) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da PWHL. É o trofeo principal da competición. Minnesota foi o primeiro equipo en alzar a Walter Cup en 2024. O PWHL Minnesota gañou dúas veces o campionato: 2024, 2025
Trofeos individuais Trofeo Ilana Kloss: entregado dende a tempada inaugural da PWHL á MVP dos play-offs. A primeira xogadora en recibilo foi a dianteira de Minnesota Taylor Heise: Taylor Heise: 2024 Rookie do ano: Grace Zumwinkle (2023–24)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Minnesota Frost