Leonard Doncaster (31 de decembro de 1877 – 28 de maio de 1920) foi un xenetista inglés e profesor de zooloxía nas universidades de Birmingham e Liverpool, cuxos traballos de investigación estiveron baseados principalmente nos insectos."Doncaster, Leonard (DNCR896L)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.

Primeiras etapas da vida Doncaster naceu o 31 de decembro de 1877 en Abbeydale, Sheffield. O seu pai foi Samuel Doncaster, un comerciante de ferro, de Abbeydale, Sheffield, Yorkshire.

Carreira

Despois de estudar en Leighton Park School en Reading, sueste de Inglaterra, estudou no King's College, Cambridge, desde 1896 en adiante. Foi académico de ciencias naturais en 1898, e medalla de Walsingham en 1902. En xuño de 1902 foi nomeado asistente do Superintendente do Museo de Zooloxía da Universidade de Cambridge, "University intelligence". The Times. No. 36787. Londres. 6 de xuño de 1902. p. 11. Desde 1906 a 1910 foi profesor de Zooloxía na Universidade de Birmingham.

Foi un dos primeiros xenetistas mendelianos e descubriu o ligamento ao sexo, mentres escribía os resultados dos experimentos de cruzamentos do reverendo G.H. Raynor sobre a avelaíña Abraxas grossulariata publicados en 1906. Escribiu varios libros sobre xenética mendeliana e sobre a determinación do sexo. O seu libro Heredity in the Light of Recent Research (1910), é salientable porque rexeita explicitamente a hedanza lamarckista.Jones, Andrew F. (2011). Developmental Fairy Tales: Evolutionary Thinking and Modern Chinese Culture. Harvard University Press. p. 92. En 1909 tornou á Universidade de Cambridge e actuou como Superintendente do Museo de Zooloxía desde 1909 a 1914. Converteuse en profesor universitario de Zooloxía en 1914 e gañou a Medalla Trail da Sociedade Linneana en 1915. En 1915, tamén foi elixido para a Sociedade Real de Londres.

Durante a primeira guerra mundial serviu como bacteriólogo no Primeiro Hospital Xeral do Leste, Cambridge, e despois na Unidade de Ambulancia dos Amigos (fundada por cuáqueros) en Dunquerque, xa que era cuáquero.Dictionary of Quaker Biography, Library of Society of Friends

Despois da primeira guerra mundial foi profesor de Zooloxía na Universidade de Liverpool desde 1919 ata a súa morte en 1920. Morreu aos 42 anos de sarcoma en Liverpool. William Bateson escribiu a súa necrolóxica en Nature.

Publicacións Heredity in the Light of Recent Research (1910) A review of Heredity and Memory de James Ward (1912) The Determination of Sex (1914) Some Scientific Difficulties in the Way of Religious Belief (1916) An Introduction to the Study of Cytology (1920)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ligamento ao sexo Cruzamento recíproco Xenes limitados polo sexo Partenoxénese Sistema de determinación do sexo Selección sexual

Bibliografía

Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Biólogos do Reino Unido Categoría:Xenetistas Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Biólogos evolutivos