Verónica Fontana, nada en Parma en 1651 e finada en Boloña en 1690, foi unha artista e gravadora italiana. miniatura| Bacante de Verónica Fontana. Publicado por primeira vez no Museo Cospiano de Lorenzo Legati, annesso a quello do famoso Ulisse Aldrovandi, Bolonia, 1677.
Traxectoria Verónica Fontana naceu en Parma en 1651 e desenvolveu gran parte da súa carreira en Boloña.
O seu pai foi o gravador Domenico Maria Fontana, de quen aprendeu as técnicas da escultura en madeira. Na súa carreira inspirouse no traballo da gravadora Teresa María Coriolano, tamén de Boloña, e foi alentada nas súas actividades por Elisabetta Sirani, con quen tomou leccións de debuxo e pintura na escola feminina de arte de Boloña.
Verónica Fontana dominaba a talla en madeira e cobre, entendía os efectos do clarescuro, especializándose na xilografía e realizando numerosos frontispicios, ilustracións de textos científicos e relixiosos así como distintos retratos e pezas soltas.
Foi unha artista totalmente independente e tomou a substitución do gravador Giovani Francesco Cassioni, realizando pezas completas, isto é tanto o gravado como o borrador do debuxo (as liñas a seguir para gravar).
Morreu de tuberculose en Boloña, no ano 1690.
Notas
Categoría:Nados en 1651 Categoría:Finados en 1690 Categoría:Nados en Parma